Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Consello Consultivo Asesor do PPOU manterá reunións comarcais

Imprimir ppou - 13-Marzo-2012 - 22:10:56 

Ourense, 13 de marzo de 2012.- A comisión permanente do Consello Consultivo Asesor do Partido Popular de Ourense mantivo esta tarde unha reunión na sede dos populares, onde tamén estivo presente o presidente do PPOU, Manuel Baltar, quen lembrou a importancia deste consello "é o I+D da experiencia política, que ten como obxectivo conformar un grupo de expertos da política provincial para asesorar ao partido nos temas de actualidade que máis interesan á sociedade. No PPOU todos contan e a experiencia é un valor en alza que sempre teremos en conta", recalcou o presidente provincial.
Durante o encontro, púxose de manifesto a necesidade de ampliar a acción deste órgano consultivo -formado por ex cargos e militantes populares, e presidido por Daniel Barata, ex conselleiro de Educación e membro do Consello Escolar de Galicia- a todas as comarcas da provincia de Ourense, co fin de recabar ideas e propostas que sirvan de base para realizar estudios e informes sobre as liñas estratéxicas nos diferentes municipios ourensáns.
Deste xeito, na reunión desta tarde estipulouse que a comisión permanente do Consello Consultivo se reunirá con carácter mensual, co fin de coñecer de primeira man as inquedanzas e asuntos que se están a dar nas diferentes comarcas da provincia.
Daniel Barata afirma que o Consello Consultivo Asesor ten como finalidade "debater, analizar e poñer a disposición do PP de Ourense e de toda a sociedade estudos e reflexións sobre aqueles asuntos que suscitan o maior interese".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: