Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Pavillón dos Remedios presenta gravísimas deficiencias en materia de salubridade e seguridade

Imprimir ppou - 27-Febreiro-2012 - 12:48:04 

Ourense, 27 de febreiro de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, diu esta mañá unha rolda de prensa, acompañado polo concelleiro responsable da área de Deportes, Bernardino González, para dar conta da gravísima situación na que se atopan as instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, unhas das máis concorridas da cidade.
Rosendo Fernández subliñou que a grave situación no mantemento do Pavillón contrasta coa política de despilfarro, deixadez de funcións e falta de ideas da que fai gala o Bipartito, permitíndose o luxo de perder subvencións (a máis recente, de case un millón de euros que tivo que devolver ao Estado por non lle saber dar saída nas traseiras das Burgas) e que lamentablemente non será a última que se perda, vaticinou o portavoz popular.
O concelleiro Bernardino González foi o encargado de amosar unha serie de fotografías que ilustran á perfección o lamentable estado dos vestiarios e das instalacións deportivas. Humidades, mal estado de azulexos e urinarios, espellos e baldosas rotas (con grave risco de feridas para rapaces e adultos) e unha máis que deplorable situación dos conductos de ventilación evidencian unha enorme insalubridade, tal e como puxo de manifesto Rosendo Fernández, alertando de grave risco de asperxilose e da exposición a patoloxías moi perigosas para a saúde.
Bernardino González sinalou o encomiable traballo que están levando a cabo os traballadores do Pavillón, tratando de solucionar estas graves deficiencias cos poucos medios dos que dispoñen. "O que está claro -dixo o concelleiro popular- é que estamos ante un problema que non require unha gran inversión, simplemente a vontade de querer solucionalo. O que ocorre, dende a miña humilde opinión, é que aquí só hai desidia e falta de ganas de poñer a disposición dos ourensáns unhas instalacións cun mínimo de dignidade". Asemade, Bernardino González lembrou que  se invertiron case un millón de euros (procedentes do Plan E) en reformar o antigo foso de saltos e na construcción dun spa urbano, "e xa van máis de 15 meses con esta obra acabada sen que ata o de agora se tivera posto a disposición dos cidadáns", un feito que ainda non foi explicado a pesares das insistentes preguntas que ten formulado o concelleiro popular nas reunións do Consello Municipal de Deportes. Rosendo Fernández  diagnosticou que a situación do Pavillón é "dun lamentable abandono do alcalde máis caro de Galicia, cun preocupante grao de insalubridade nas instalacións deportivas máis concorridas da cidade". Por elo, o portavoz popular solicitou con urxencia unha intervención firme para subsanar estos desperfectos.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: