Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU DESTACA O PAPEL DE JOSÉ LUIS BALTAR COMO «REFERENTE PERSOAL E POLÍTICO DA PROVINCIA DE OURENSE»

Imprimir ppou - 27-Xaneiro-2012 - 20:13:00 

Ourense, 27 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Ourense quere hoxe, no día en que José Luis Baltar deixou oficialmente de ser presidente da Deputación Provincial de Ourense, trala súa renuncia voluntaria a presidir a institución provincial, subliñar a súa «admiración e agradecemento» polo seu labor na dirección do goberno provincial.
Os populares destacan a condición de «referente persoal e político da provincia de Ourense» de José Luis Baltar, cun especial protagonismo no últimos vinte e dous anos ao fronte da Deputación provincial.  Para o PP de Ourense «José Luís Baltar deu mostras dabondo do seu compromiso irrenunciable con Ourense e cos ourensáns, nunha vida pública caracterizada pola súa profunda conexión coa cidadanía e unha inesgotable capacidade de traballo».
José Luís Baltar, presidente de Honra do PP de Ourense, figura «con letras maiúsculas» na historia da nosa provincia e converteuse, coa súa actividade política, nun «auténtico embaixador de Ourense» aló onde despregara a súa actividade. Onde estaba José Luís Baltar, estaba Ourense, e cando falaba  José Luís Baltar falaba Ourense».
Baltar Pumar vaise despois de sete mandatos ao fronte da Deputación provincial, onde acadou seis maiorías absolutas consecutivas dende o 20 de xaneiro de 1990, data na que sucedeu a Victorino Núñez como presidente do goberno provincial. O PP de Ourense valora moi favorablemente que sexa Baltar Pumar quen decide voluntariamente renunciar á súa responsabilidade institucional nun momento histórico no que deixa ao seu partido gobernando en España, en Galicia, na provincia de Ourense e en 68 dos 92 concellos ourensáns.
O PP de Ourense destaca o «legado político e humano» que deixa José Luís Baltar, merecedor dunha homenaxe permanente ao político en activo que máis triunfos electorais ten acreditado no Estado español. Trinta e oito  maiorías absolutas son un mérito dabondo para unha persoa que fixo da política «un instrumento real de servizo aos cidadáns e de reivindicación permanente da posición de Ourense, con acción a prol da provincia onde quedaron contrastados o centrismo, o reformismo e o galeguismo».
José Luís Baltar Pumar concelleiro, alcalde, senador, presidente da Deputación, pero sobre todo «o gran mestre do ourensanismo», a quen o PP agradece a súa irrepetible pegada na historia da provincia e a quen recoñece a súa identificación con Ourense. Sen dúbidas, José Luís Baltar marca un antes e un despois na vida política da provincia de Ourense.     

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: