Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense pon en marcha unha «Oficina Parlamentaria» para atender as demandas dos cidadáns

Imprimir ppou - 23-Xaneiro-2012 - 20:01:03 

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, anunciou hoxe a posta en marcha dunha oficina parlamentaria na que os deputados, senadores e parlamentarios ourensáns do PP atenderán as demandas que queiran trasladarlles os cidadáns. A oficina estará ubicada na sede do PP en Ourense e estará coordinada pola deputada Ana Belén Vázquez, coordinadora de política nacional no PP de Ourense. A oficina servirá para trasladar e atender as demandas de afiliados e non afiliados do PP ante o Goberno central, a Xunta de Galicia ou os órganos correspondentes -Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado-.
Ana Belén Vázquez explicou que haberá un servizo de cita previa e un lugar na páxina web do partido para recibir as propostas. A coordinadora da oficina comentou que haberá unha "atención personalizada" e estará "aberta toda a semana" e os deputados e senadores se "desprazarán" ás sedes pola provincia para "recoller" as propostas.
Manuel Baltar fixo este anuncio acompañado polos deputados Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, e polos senadores Miguel Pérez de Juan e Francisco José Fernández, nunha comparecencia ante os medios de comunicación, onde sinalou que o PP de Ourense conta con sete representantes populares no Congreso e o Senado fronte a dous representantes do PSOE por Ourense, polo que supón un "plus de responsabilidade" coa cidadanía.
Ademais, fixo fincapé que é un "orgullo e unha satisfacción" para o PP de Ourense que os seus representantes "ocupen cargos de responsabilidade", como Celso Delgado como presidente da Comisión de Fomento, Ana Belén Vázquez como vicepresidente da Comisión de Interior do Congreso ou Miguel Pérez de Juan como presidente da Comisión de Asuntos Iberoamericanos no Senado.
Por outra parte, Manuel Baltar sinalou que o PP de Ourense celebrará mañá martes, ás 20.00 horas na Igrexa de Santa Eufemia do Centro unha misa funeral en memoria do presidente fundador do PP, Manuel Fraga Iribarne. Baltar Blanco reiterou a "dor" dos populares ourensanos pola morte de Manuel Fraga Iribarne, quen, dixo, merece unha "homenaxe permanente".
Pola súa banda, o presidente da Comisión de Fomento, Celso Delgado, manifestou que seguirá "traballando coa mesma intensidade" que na oposición pero "dende unha fronte diferente" no proxecto da AVE a Galicia, pero advertiu que "o contexto é o que é". Celso Delgado asegurou que non quedará de "brazos cruzados" para abordar os "problemas e necesidades" da poboación e engadiu que se propón "facer o imposible" para que os proxectos necesarios "vaian adiante". Tamén dixo que o proxecto da Alta Velocidade ferroviaria é "irrenunciable" e un "compromiso" do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, polo que me implicarei ao máximo.
Na súa intervención, Delgado sinalou que a ministra de Fomento, Ana Pastor, comparecerá en febreiro na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados para "explicar as liñas xerais" do seu departamento.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: