Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP DE OURENSE EXPRESA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE MANUEL FRAGA IRIBARNE, PRESIDENTE FUNDADOR DO PARTIDO POPULAR

Imprimir ppou - 16-Xaneiro-2012 - 12:46:03 

O PP de Ourense lamenta o falecemento de D. Manuel Fraga Iribarne e expresa a súa condolencia a  familia deste galego universal. Os populares ourensáns suliñan o fundamental papel de Manuel Fraga na vida pública española dos últimos sesenta anos, erixíndose como protagonista incuestionable do século XX.
Referencia indiscutible da transición española, puxo en marcha un proxecto político que hoxe é a forza con maior número de militantes de Europa: o Partido Popular. Presidente da Xunta de Galicia durante dezaseis anos, obtendo catro maiorías absolutas do pobo galego, froito da súa "autoidentificación" cos intereses de Galicia. Autor intelectual de propostas no eido político como a "administración única", a representación das autonomías diante dos órganos da Unión Europea ou a "conferencia de presidentes autonómicos", o Presidente Fraga conta cunha ampla producción bibliográfica.
O PP de Ourense quere recoñecer a figura de Manuel Fraga Iribarne e sumarse ao homenaxe  que a sociedade galega e española debe render permanentemente a unha figura clave da nosa Historia.  Descanse en paz.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: