Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ourense acadou a maior porcentaxe de apoio ao PP das tres nacionalidades históricas

Imprimir ppou - 26-Novembro-2011 - 07:09:13 

Ourense, 25 de novembro de 2011.- A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense, presidida por Manuel Baltar, reuniuse hoxe venres na sede popular para analizar os resultados das eleccións xerais 2011.
Os datos analizados reflicten que o "histórico apoio" recibido polo PPOU por parte dos cidadáns traduciuse en que os populares ourensáns obtiveron o mellor resultado de todas as provincias galegas, e tamén obtivo o PP de Ourense os mellores resultados de Galicia no voto da emigración. Este dato complétase co feito de que Ourense foia  sétima provincia de España en apoio ao PP. 
Os datos reflicten que o PP de Ourense conseguíu tamén a maior diferenza con respecto á suma dos votos de PSOE e BNG, e tamén foia provincia de Ourense a mellor das provincias das tres nacionalidades históricas -Galicia, Euskadi e Cataluña- en apoio ao PP. 
Da análise mesa a mesa, conclúese que a mesa co maior porcentaxe de apoio PP na provincia de Ourense foi unha mesa do colexio publico Virxe de Guadalupe, de Avión, cun 95,70%. Asemade, a mellor mesa na cidade de Ourense a de Santa Cruz de Arrabaldo, cun 65,03%. N
o outro extremo, destaca o feito de que houbo dúas mesas nas que o BNG non recibíu un só voto; concretamente en mesas de Bande e Avión. 
Estes datos teñen motivado estes días numerosas felicitacións recibidas na sede popular ourensá, entre as que destaca as do presidente nacional do PP, Maríano Rajoy, e de Ana Mato, coordinadora da campaña electoral, quen comunicaron a Manuel Baltar os seus parabéns polos resultados.     

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: