Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A falta de previsión e organización do Bipartito lastra o comezo das actividades extraescolares na cidade

Imprimir ppou - 18-Outubro-2011 - 15:43:54 

Ourense, 18 de outubro de 2011.- As actividades extraescolares, que tradicionalmente se levan acabo entre os meses de outubro e maio (ambos inclusive), ainda non comenzaron de xeito oficial para os 18 colexios que ofrecen este servizo na cidade. De feito, os pais enteráronse mediante unha nota remitida aos centros a finais do mes pasado, pero sin especificar motivo algún deste retraso.
A Concellería de Educación de Ourense precisa, para levar a cabo este cometido, contratar a unha empresa para executar ditas actividades deseñadas dentro da programación anual. Foi con data de 4 de outubro deste ano cando se invitou a tres empresas a participar no procedemento negociado para a contratación destes servizos nos centros públicos. Dende esa data, as empresas tiveron 10 días para estudiar a convocatoria e optar á mesma, polo que non será como mínimo ata novembro cando comecen estas actividades nas escolas onde non están as 5 persoas contratadas recientemente polo Concello a través dos programas de colaboración para atender cuestións como reforzos, bibliotecas, etcétera.
A concelleira popular Belén Iglesias manifesta que esta total falla de previsión e organización do Bipartito está provocando serios problemas para moitas familias da cidade, xa que organizan o seu tempo en base ao horario previsto dos rapaces e moitos pais, ante a imposibilidade de mandar aos seus fillos ás actividades extracolares, víronse na obriga de buscar alternativas para adecuar horarios e ter atendidos aos cativos fora do horario lectivo. "Onde está a tantas veces predicada conciliación da vida familiar e laboral? -pregúntase a concelleira Belén Iglesias-, xa que, polo que se ve, no Bipartito estiveron máis preocupados de organizar inauguracións ficticias e paripés para saír nas fotos que en deseñar as actividades que deben ter continuidade ano tras ano". Asemade, Belén Iglesias lamenta que ata o de agora, o Concello non se puxera en contacto coa Xunta para solicitar axudas, "ainda que logo non se cansan de dicir públicamente que dende o Goberno Galego non se lle presta axudas a este Concello".

Informe desfavorable da Intervención Municipal
Pero si todo esto non fora suficientemente grave, o interventor municipal ven de asinar, con data de 14 de setembro,  un informe desfavorable no que atinxe ao expediente de contratación mediante procedemento negociado do servizo de actividades estraescolares do Concello de Ourense para o presente curso. Neste documento especifica unha serie de anomalías tales como:
   -O prego de condicións técnicas non define de xeito preciso as características técnicas das prestacións a realizar polo contratista, polo que se incorre nunha indefinición do obxecto contractual que vulnera o disposto no artido 74 da Lei de Contratos do Sector Público.
   -O tipo de licitación do contrato non está xustificado, dado que multiplicando o importe hora que se establece pola prestación do nomeado servizo (9 euros/neno), polo número de centros escolares (18 CEIP) e polo número máximo de actividades e alumnos (3 e 25, respectivamente), tendo en conta os meses de prestación de servizo (8 meses), obtense un montante económico cifrado en 97.200€, que comportaría a observancia dun procedemento de contratación aberto con publicidade, moi diferente do procedemento negociado que resulta de establecer un tipo de licitación fixado en 59.500€ (a partires de 60.000€ non están permitidos os procedementos negociados, senón que teñen que ser abertos para que concurran todas as empresas interesadas, non só as invitadas polo propio Concello).
   -Por último, o interventor aconsella procurar outras candidatas cara a selección da oferta máis vantaxosa para os intereses do Concello, xa que se está a promover unha concorrencia de empresas que rexeitaron participar en anteriores procedementos con idéntico obxecto.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: