Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Consello Consultivo Asesor do PPOU: o I+D da experiencia política

Imprimir ppou - 16-Outubro-2011 - 12:30:40 

Ourense, 16 de outubro de 2011.- Na sede do PP de Ourense tivo lugar a reunión da Comisión Permanente do Consello Consultivo Asesor do Partido Popular de Ourense, un órgano que, como o definiu o seu presidente, Daniel Barata, "é o I+D da experiencia política, que ten como obxectivo conformar un grupo de expertos da política provincial para asesorar ao partido nos temas de actualidade que máis interesan á sociedade".
Na reunión participou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen afirmou que a mellor forma de "facer partido" é traballando todos os días do ano polos cidadáns da nosa provincia, non só en campaña electoral, "algo que o PP de Ourense fai a cotío, e un bo exemplo e este Consello Consultivo Asesor, unha iniciativa pioneira en España que permite poñer en valor o coñecemento e a experiencia de quen durante moitos anos estiveron na primeira liña da política".
Baltar dixo que esta iniciativa únese a toda as que o PPOU puxo en marcha nos últimos 22 meses: a Rede Ourensá de Mulleres Populares, o Centro de Formación e Estratexia "Roberto Padilla", a Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco", e as convencións para cargos femininos e para cargos menores de 45 anos, entre outras iniciativas.

Manuel Baltar anunciou tamén que o PPOU ten previsto a apertura de novas sedes na provincia. "Nestes momentos temos 14 sedes en diferentes vilas e localidades de Ourense e a nosa intención e incrementalas nunha segunda fase até as 25, para seguir achegando o Partido Popular aos cidadáns".

Saúde forestal e novas titulacións

Na xuntanza da Comisión Permanente do Consello Consultivo Asesor do PPOU acordouse realizar dous estudos sobre dous temas de gran interese para a provincia: por unha banda, a análise da actual situación da riqueza forestal, avaliando os quilómetros cadrados de bosque que ten a nosa provincia para determinar "a saúde dos nosos bosques e masa forestal", explicou Daniel Barata; e por outra banda, encargarase un estudo para determinar as necesidades de novas titulacións para o Campus Universitario de Ourense, "co obxectivo de que poidamos adecuar as titulacións que se ofrecen aos nosos mozos coa realidade laboral de hoxe en día".
Daniel Barata afirma que o Consello Consultivo Asesor ten como finalidade "debater, analizar e poñer a disposición do PP de Ourense e de toda a sociedade estudos e reflexións sobre aqueles asuntos que suscitan o maior interese", e anunciou que un dos traballos que está a desenvolver na actualidade e un seguimento dos compromisos electorais asumidos polo Partido Popular naqueles concellos da provincia de Ourense os goberna.
Na reunión da Comisión Permanente estiveron presentes destacados nomes do PP de Ourense que no seu día foron alcaldes, parlamentarios, delegados e outros cargos relevantes como os veteranos Argimiro Marnotes, Maximino Rodríguez, Manuel López Casas, Felipe Ferreiro, Antonio Hervella, José Pérez Iglesias, Arturo Gavilanes e Jesús Barros.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: