Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os deputados e senadores do PP de Ourense consideran que esta foi a peor lexislatura da historia

Imprimir ppou - 30-Septembro-2011 - 17:11:23 

Os deputados e senadores do Partido Popular por Ourense compareceron ante os medios de comunicación para facer un balance da lexislatora que está a piques de rematar e afirmaron que esta foi "a peor lexislatura de toda a historia democrática do noso país", e cualificaron a situación económica actual como "deplorable" por mor da nefasta xestión do Goberno socialista", dixo o deputado Celso Delgado.
Os tres senadores e os dous deputados populares destacaron a destrución de emprego e a falta de compromiso no ámbito das infraestruturas e o medio como as maiores eivas. A deputada Ana Belén Vázquez fixo fincapé en como, dende 2008, o número de parados na cidade de Ourense subiu de 6.990 a 9.168, unha tendencia que se repite no global da provincia, onde dende esa mesma data 4.237 persoas máis perderon o seu emprego. Por sectores, apunta que a construción foi o máis prexudicado, seguido da agricultura, a industria e os servizos.
Cuestións como os atrasos nas datas da AVE ou os recortes en servizos públicos levan ao PP a concluír que o Goberno deixa un importante reto ao seu sucesor que terá un duro traballo.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: