Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Castrelo de Miño, en contra da creación de novos impostos

Imprimir ppou - 30-Septembro-2011 - 17:09:54 

Ourense, 30 de setembro de 2011.- O Partido Popular de Castrelo de Miño votou en contra da creación de impostos que defende o BNG, co seu alcalde á cabeza, no pleno do Concello de Castrelo de Miño celebrado hoxe. Os populares consideran que estes novos impostos«son o resultado dunha política económica nefasta, baseada no despilfarro e na falta de rigor, cuxas consecuencias as teñen que pagar agora os veciños de Castrelo de Miño».
Para o Partido Popular o grupo de goberno do BNG en lugar de facer unha política económica de aforro no gasto, eliminando gastos superfluos, «opta por penalizar aos veciños de Castrelo de Miño e que estes teñan que pagar os seus despilfarros, impoñéndolles a taxa pola recollida de lixo, a taxa pola expedición de documentos administrativos e a taxa polos servizos do punto de información catastral».
O PP considera que, en lugar de establecer impostos, o que hai que facer é non dilapidar os recursos do concello e practicar unha política económica de austeridade e de responsabilidade presupostaria, eliminando, por exemplo, gastos como a dedicación exclusiva parcial -imposta fai dous meses polo equipo de goberno- xunto coa dedicación exclusiva total do alcalde, «algo que carece de calquera xustificación nun concello coas características do de Castrelo de Miño».
Segundo o PP, os veciños de Castrelo de Miño xa teñen bastante coas subidas de impostos e conxelación de pensións levadas a cabo polo Goberno central e o que hai que facer é unha política económica baseada na seriedade e no rigor, cunha baixada de impostos e co establecemento de incentivos fiscais que favorezan a creación de emprego e o asentamento da poboación no concello.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: