Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “O emprego non só será un tema de campaña, senón un verdadeiro compromiso cos cidadáns”

Imprimir ppou - 27-Septembro-2011 - 11:05:21 

Ourense, 27 de setembro de 2011.- O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirma que o emprego "será un asunto fulcral" para o Partido Popular "porque non se pode perder máis tempo con esta sangría que está a sufrir a nosa sociedade". Neste senso, engade que o emprego "non só será un tema de campaña electoral, senón que será un verdadeiro compromiso dos Populares cos cidadáns de Ourense, porque o noso é un proxecto pensados para todos: para os que voten ao PP e tamén para os que non o voten, porque a gravidade da situación así o aconsella".
Manuel Baltar está convencido de que existe unha saída á crise, "e o Partido Popular dará luz a ese camiño, para que a sociedade española no seu conxunto poida percorrelo con seguridade, sen que ninguén sexa deixado á marxe, e para elo todos debemos traballar nese esforzo colectivo". Considera Baltar que a mellor política social é o emprego: "Se hai emprego, hai benestar, e se hai benestar, haberá mellor educación, mellor sanidade e mellores pensións".
O presidente do PPOU afirma que nunha provincia como Ourense "tan necesitada dun verdadeiro equilibrio territorial, o emprego é sempre un tema fundamental, e por iso nós xa dedicamos un foro para abordar os problemas específicos do emprego na nosa provincia". Baltar considera que para crear emprego son necesarios tres elementos: "Recuperar a confianza para xerar investimento; sanear as contas públicas, como faría calquera persoa coa súa economía doméstica, e dar exemplo de austeridade e afastarse do despilfarro, porque xa abonda de que os gobernos socialistas gasten máis do que teñen, e bo exemplo diso foi o¡a triste herdanza do bipartito PSOE-BNG na Xunta".


Manuel Baltar tamén cre necesario facer unha "revisión completa e xeral" de todas as partidas orzamentarias, "elaborando algo similar a un presuposto de base cero, que nos permita realizar unha reasignación máis eficaz e xusta dos recursos, e reducir todos aqueles gastos superfluos ou innecesarios".
En canto ao sector financeiro, Manuel Baltar considera que é preciso reactivar o crédito e levar a cabo unha profunda reforma do sistema financeiro, en especial no que atinxe ao sector das caixas de aforros. "Todos debemos traballar e xuntar esforzos para saír da crise, e o sector financeiro ten que asumir a súa parte de responsabilidade para atopar as mellores solucións".
En canto ao mercado laboral, o presidente provincial do PP afirma que tamén é necesaria unha reforma para poder crear emprego. "Pero non abonda con crear máis emprego, hai que crear mellor emprego", e por iso avoga por reducir a temporalidade e avanzar cara a un modelo de contrato indefinido estándar, e mellorar a negociación colectiva para que empresarios e traballadores poidan adoptar as medidas necesarias para facilitar a contratación e evitar as perdas de postos de traballo".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: