Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular inicia en Soutomaior a carreira para levar a Rajoy á Presidencia do Goberno

Imprimir ppou - 04-Septembro-2011 - 11:25:34 

Máis de 2.000 militantes e simpatizantes do Partido Popular de Galicia déronse cita no Castelo de Soutomaior (Pontevedra) no tradicional acto de inicio do curso político, con Mariano Rajoy e Alberto Númez Feijóo como figuras máis destacadas.
A gran cita dos Populares galegos, que marca o inicio da carreira para levar a Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno o vindeiro 20 de novembro, contou tamén coa presenza de Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, e cón numerosos representantes populares ourensáns, xunto cos demais presidentes provinciais, así como diferentes cargos do PP de ámbito nacional, autonómico, provincial e local.
Rajoy dixo na súa intervención que o PP traballa para todos aqueles que confían en que España necesita un liderado claro que anticipe os problemas, «fronte aos que improvisan e crean desconfianza», e pediu un  «un esforzo colectivo» para participar nun proxecto político«compartido, inclusivo e con base na responsabilidade» fixando como obxectivo primordial «combater a crise, crecer e crear Emprego».
Rajoy afirmou que non hai unha crise profunda e un grave desequilibrio que non se podan superar e corrixir, «temos probas irrefutábles ​​de que somos unha nación con potencial suficiente,con  esforzo, con sacrificio, talento e creatividade, para recuperarse», e engadiu que este momento histórico «nos esixe virtudes colectivas e decisións inmediatas, éxitos que van determinar o noso futuro», explicou.
Pola súa banda, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou que a reforma constitucional aprobada no Congreso esta semana «é un compromiso que xa Rajoy solicitara hai un ano», e reprochou ao PSOE que nos anos de bonanza económica aumentou a débeda pública «máis que nunca», «e non foi quen de pagar un só quilómetro de AVE, nin de ampliar os portos nin de facer outras grandes obras que necesita Galicia».    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: