Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Alfonso Rueda e Manuel Baltar apoian a Manuel Blanco como candidato á Alcaldía no mitin central do PP en Maceda

Imprimir ppou - 16-Maio-2011 - 21:59:42 

Manuel Blanco González, economista, candidato á Alcaldía de Maceda polo Partido Popular, recibiu hoxe o apoio do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, así como de máis de 500 macedanos, no mitin central que os populares celebran nesta campaña en Maceda.
O cabeza de lista popular á Alcaldía do Concello de Maceda dixo que asume o reto de cambiar o rumbo político de Maceda "para traballar con responsabilidade para todas as veciñas e vecinos por igual". "Maceda ten un enorme potencial -engade Manuel Blanco- e o Concelloestá chamado a ser unha das locomotoras da bisbarra". "Maceda, por tradición e polas súas xentes, merece ter un goberno forte que aporte mellores servizos, calidade de vida e esplendor a esta vila, porque Maceda non merece seguir estancada", afirmou o candidato.
Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que Maceda "necesita un goberno serio e riiguroso que sepa xestionar ben a confianza que os macedanos depositarán en Manuel Blanco para que sexa o novo alcalde de Maceda". Baltar afirmou que o PP recuperará o Concello de Maceda, "fronte a aqueles perdedores que sempre se unen -os bipartitos de PSOE e BNG- non para traballar polos veciños senón para que non goberne o PP. Non hai ningún concello na provincia de Ourense gobernado por bipartitos que sexa un exemplo de xestión".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: