Noticias
Blog
Os representantes populares en Caldelas, Viana e Trives activan a coordinación da actividade política coa constitución dos comités comarcais
17, xaneiro, 2024. Os representantes populares nas comarcas de Caldelas, Viana e Trives reuníronse esta tarde en A Pobra de Trives para constituír os comités comarcais que o líder provincial do PP, Luis Menor, vén de impulsar por todo o territorio para coordinar a actividade política en toda a provincia.
Nesta convocatoria participaron os alcaldes, portavoces e concelleiros de 11 concellos: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.
Como representantes dos citados comités foron elixidos Roberto González, portavoz no Concello de Trives, e Alejandro Pérez, concelleiro en Castro Caldelas.
Luis Menor explicou a función destes órganos, deseñados para facer presente o partido por todo o territorio, pero tamén para “afrontar unhas eleccións esenciais para a estabilidade e o progreso en Galicia, como só o PP sabe facelo”.