Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Luis Menor pide aos populares ourensáns que reforcen a súa presencia na provincia: “Temos que pisar máis territorio e facer máis partido”

Imprimir ppou - 21-Novembro-2023 - 20:23:56 


• Na primeira reunión da xestora provincial, o presidente anunciou o nomeamento de Sandra Quintas, alcaldesa de Bande, como secretaria da xestora provincial

• Ante os membros do único órgano de dirección, Menor estableceu as liñas traballo que teñen como obxectivo político máis inmediato apuntalar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda

• O presidente avogou por “unha eficiente coordinación de todos os cargos de representación e institucionais do partido, ademais das persoas que se incorporan por primeira vez á actividade política”

• “Hai gañas de partido”, afirmou tras recordar a multitudinaria resposta da cidadanía ourensá á convocatoria do 12 de novembro en favor da igualdade de todos os españois
 
21, novembro, 2023. A xestora provincial do Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a súa primeira reunión, na que o presidente Luis Menor pediu aos populares ourensáns que reforcen a súa presenza na provincia. “Temos que pisar máis territorio e facer máis partido”, reclamou Menor ante os membros do único órgano de dirección do PP, que segundo anunciou terá como secretaria á alcaldesa de Bande e responsable do servizo de Coordinación Cultural da Xunta en Ourense, Sandra Quintas.

  
  
  
Unha semana despois de que o Comité Executivo do PPdeG referendase a lista cos 88 nomes que forman parte da xestora provincial, Luis Menor convocou a primeira reunión para establecer as novas liñas de traballo, que teñen como obxectivo político máis inmediato apuntalar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda. Unhas pautas de acción “que pasan por unha eficiente coordinación de todos os cargos de representación e institucionais do partido, ademais das persoas que se incorporan por primeira vez á actividade política”. 

O presidente sostivo ante os membros da xestora que a multitudinaria resposta da cidadanía ourensá á convocatoria do 12 de novembro “non só demostra que non se pode enganar aos electores e acabar coa igualdade, senón que tamén hai gañas de partido e de seguir contribuíndo a manter a estabilidade política da que gozamos en Galicia”, engadindo ademais como exemplo da política “xusta e igualitaria” que desexa “o novo modelo de financiamento que imos poñer en marcha na Deputación”.

ÓRGANO ÚNICO DE DIRECCIÓN CON 88 MEMBROS

A xestora provincial do PP de Ourense está composta por 32 membros natos, entre eles os representantes nas Cortes Xerais e no Parlamento de Galicia, hoxe ausentes polas convocatorias que se están a celebrar nas súas respectivas cámaras. Tamén forman parte deste órgano os doce deputados provinciais e cargos do Goberno galego. 

Na listaxe de membros figuran ademais outras 47 persoas procedentes fundamentalmente da política local, así como doutros ámbitos da actividades económica e social, e 9 membros máis que integrarán o Consello de Veteranos.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: