Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos populares destacan o reforzo das políticas educativas e de conciliación dentro do programa de Núñez Feijóo

Imprimir ppou - 20-Xullo-2023 - 09:30:55 


“As familias están no eixo do programa do Partido Popular”, sinalou a cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, que estivo acompañada por candidatos ás Cortes Xerais 

Ana Belén Vázquez detallou os puntos fundamentais do programa do PP dentro deste ámbito, como son as rebaixas de impostos e axudas ás familias ou a educación de 0 a 3 anos gratuíta en toda España, ademais de apostar por grandes acordos para reforzar o Estado do Benestar e facilitar a conciliación familiar

A candidata popular remarcou a importancia de acadar “a plena incorporación da muller ao mundo laboral, en igual condicións que os homes”

19, xullo, 2023

• Na súa intervención, no exterior dunha escola infantil da cidade, a cabeza de lista ao Congreso destacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coas políticas educativas e de conciliación. “Un compromiso apoiado na súa xestión ao fronte da Xunta de Galicia, e que está referendado nun programa electoral que sitúa ás familias no centro”

  
  
• “Queremos unha educación de 0 a 3 anos gratuíta en toda España. Este é o modelo instaurado por Alberto Núñez Feijóo en Galicia, e este é modelo que imos desenvolver no resto do país a partir deste domingo”, remarcou Ana Belén Vázquez, que estivo acompañada esta mañá en Ourense por candidatos e candidatas populares ao Congreso e ao Senado, ademais de Noelia Pérez, en representación do PP local

• “Nestes momentos hai máis de 2,4 millóns de nenos en risco de pobreza en España. Por iso, unha das políticas fundamentais do Partido Popular será axudar ás familias economicamente fronte a suba das hipotecas ou dos prezos dos produtos básicos”, lembrou a candidata, que avanzou “unha rebaixa intensa de impostos para as familias e prestacións sociais para axudar ás familias con nenos”

• “Entre as medidas estrela que leva no programa do 23X o Partido Popular”, insistiu Ana Belén Vázquez, “é a educación de 0 a 3 anos, universal e gratuíta, e que será cofinanciada polo Estado e polas comunidades autónomas para que non haxa desigualdades, porque queremos que desde os primeiros anos a educación sexa igual en toda España”

• “Desenvolveremos un proxecto para combater o abandono escolar”, remarcou Ana Belén Vázquez, que tamén avanzou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coas familias para “permitir que os pais escollan en que centro e que tipo de educación queren para os seus fillos”

• “Apostamos por un Pacto de Estado que aborde a maternidade, a paternidade e as familias. Porque este é o momento das familias. E por iso prorrogaremos o estatus das familias numerosas, ata que o último fillo teña 26 anos, ao mesmo tempo que levamos unha bonificación para as coidadoras do fogar dun 45% para as familias con nenos, ademais de ampliar as baixas por maternidade e paternidade para familias con causas excepcionais e urxentes”

• A popular avanzou a necesidade de acadar “a plena incorporación da muller ao mundo laboral, en igual condicións que os homes, fomentando a bonificación da contratación indefinida das mulleres que sexan nais”. Ademais, “queremos que os nenos teñan unha educación igual en toda España, polo que dende a etapa de 0-3 anos, o Estado cofinanciará a educación ata chegar á Selectividade, que será igualitaria en calquera punto de España”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: