Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Alfonso Rueda aspira a que a partir do 23 de xullo o Goberno de España deixe de ser sanchista e pase a ser o dun galego que sirve á maioría dos españois

Imprimir ppou - 12-Xullo-2023 - 12:06:27 


Manuel Baltar: “España merece un cambio de ciclo, abandonar o desgoberno e recuperar a senda da xestión”

Ana Vázquez: “Despois de cinco anos no que o PSOE se esqueceu desta provincia, o próximo presidente do Goberno coñece cada recuncho, cada alcalde, cada demanda e cada necesidade de Ourense”

Luis Menor: “Cada coto para Feijóo será un voto de apoio a Ourense. Estamos ante unha oportunidade histórica para a provincia”

11, xullo, 2023

• Alfonso Rueda reivindicou ao PP como un partido de goberno que prefire centrarse en mellorar en lugar de buscar culpables, que sabe crear emprego, baixar impostos e xestionar as crises, e que sabe gobernar desde a seriedade, a responsabilidade e o sentidiño que caracteriza aos galegos

• Puxo como exemplo o liderado de Galicia na matriculación das escolas infantís, conseguido grazas a ser a única Comunidade que ofrece a gratuidade. Unha medida que, remarcou, porá en marcha Feijóo ao chegar ao Goberno
  
  

• Unha política que se materializaría, segundo apuntou, nun goberno que abra as portas das institucións á xente de a pé e non á xente do PSOE, que cando se equivoque nas previsións económicas sexa por ser demasiado prudente, que saiba repartir os cartos que lle veñen de Europa e non os reteña sine die, que pacte coa xente e non cos independentistas e que entenda que onde mellor se pode xestionar a costa galega é desde Galicia

• En definitiva, un Goberno que deixe de ser sanchista e pase a ser o dun galego que sirve á maioría dos españois e acabe co ninguneo a Galicia

• Rueda animou aos seus a non ser como o socialismo submiso coa Moncloa nin como o nacionalismo incapaz de arrancar a Pedro Sánchez medidas útiles para Galicia, pedíndolles que sexan esixentes con Alberto Núñez Feijóo porque saben do que é capaz, porque Galicia está por riba de todo e porque hai que recuperar o tempo perdido

• E, nesta liña, pediu un apoio masivo a Alberto Núñez Feijóo o 23 de xullo para facelo presidente por quinta vez e que, desde todos os recunchos do Pereiro, da provincia e de toda Galicia, se demostre que España pode abrir un tempo novo

• Alfonso Rueda tamén remarcou na súa intervención que a unidade é o que diferencia á súa formación doutras forzas políticas, xa que para o PPdeG antes que as persoas está o partido e, antes que o partido, van os galegos

• De aí que quixese reivindicar a grandeza dun partido no que se combinan a xenerosidade de Manuel Baltar, a humildade de Luis Menor e a responsabilidade de Rosa Quintana ao comprometerse a seguir sendo a defensora do mar galego desde Madrid

“SÁNCHEZ DEBERÍA ESTAR AGRADECIDO POR NON TER QUE DEBATER CINCO VECES MÁIS CON FEIJÓO”

• O presidente do PPdeG valorou o cara a cara de onte entre Feijóo e Sánchez afirmando que o que se viu foi a un presidente que se comportou como un líder da oposición e a un líder da oposición que xa se comporta como presidente

• Na súa opinión, venceron os datos ao triunfalismo irreal e a preparación minuciosa sobre a soberbia de quen se atreve a dar leccións sobre gobernar Galicia a quen o fixo con catro maiorías absolutas

• “Sánchez debería estar agradecido por non ter que debater cinco veces máis con Feijóo”, afirmou ao tempo que poñía en evidencia a errónea estratexia de quen pensou inxenuamente que a hiperactividade de Sánchez nos platós podería compensar a súa ausencia na rúa e dobregar a décadas de experiencia na xestión do público

MANUEL BALTAR: “ESPAÑA RESPONDERÁ Á SOLICITUDE DE CONFIANZA DO PP”

• O presidente do PP de Ourense subliñou que a provincia está “completamente comprometida” con Alberto Núñez Feijóo e amosouse convencido de que o 23 de xullo “España responderá á solicitude de confianza do PP”

• “España merece un cambio de ciclo, abandonar o desgoberno e recuperar a senda da xestión. Porque sempre que gobernou o PP, foi recuperando as crises, os problemas e de falta de credibilidade xerados previamente polo PSOE. E esta é unha ocasión máis”, explicou

• Baltar sinalou que Feijóo “non necesita presentación en Ourense” e é “un plus” para a provincia, por iso os populares ourensáns están traballando “arreo cada día para explicar o noso programa e acadar os tres deputados que contribúan á súa chegada á Moncloa”

• “O 23 de xullo obteremos un gran resultado, para facer presidente a un ourensán pero sobre todo para que España volva contar coa credibilidade internacional e esa potenciación da economía que será unha realidade da man dun gran xestor como é Alberto Núñez Feijóo”, concluíu

ANA VÁZQUEZ: “FEIJÓO É UNHA GARANTÍA PARA O FUTURO DE OURENSE”

• O cabeza de lista ao Congreso pola provincia subliñou que “cada día de campaña pálpanse as ganas de cambio da xente” e que o que se ve e se escoita nas rúas da provincia de Ourense é “o anticipo da gran vitoria do PP o vindeiro 23 de xullo”

• Referíndose ao cara a cara de onte, Ana Vázquez ten claro que foi “o epílogo do sanchismo” e que quedou claro que Feijóo “encarna o que España necesita para recuperar o tempo perdido nestes últimos cinco anos”

• “O 23 de xullo ábrese un novo ciclo político para España e por suposto para Ourense. Porque despois de cinco anos no que o PSOE se esqueceu desta provincia, o próximo presidente do Goberno coñece cada recuncho, cada alcalde, cada demanda e cada necesidade de Ourense”, indicou

LUIS MENOR: “ESTAMOS ANTE UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA”

• O alcalde e candidato ao Senado remarcou que “para o PSOE a provincia de Ourense nunca foi unha prioridade” e que a proba está no Pereiro de Aguiar: “Cuestións estratéxicas para o desenvolvemento deste concello e de toda a área metropolitana, como o saneamento do Barbaña e o Loña, a potenciación dos nosos polígonos industriais ou a mellora das infraestruturas viarias foron quedando sempre no caixón dos proxectos pendentes do Goberno central”

• Menor comparou o “desleixo” do Goberno de Sánchez con Ourense fronte ao traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia a prol deste territorio: “E con Feijóo na Moncloa, volveremos ser unha provincia con peso específico e aceleraranse iniciativas fundamentais para o noso futuro”

• De aí que afirmase que o 23 de xullo “cada voto para Feijóo será un voto de apoio a Ourense” e que ese día será “unha oportunidade histórica para a provincia


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: