Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos destacan que para Núñez Feijóo, “a sanidade pública é prioritaria, un piar do Estado de Benestar que fortaleceremos e potenciaremos a partir do 23 de xullo”

Imprimir ppou - 12-Xullo-2023 - 10:28:45 


Explicaron a aposta do Partido Popular pola Atención Primaria e a saúde mental, “dous eixos estratéxicos da próxima lexislatura”

“Temos a mellor sanidade pública, pero necesita músculo e asegurar a súa sostibilidade para blindar esta posición”, sinalou a cabeza de lista ao Senado, Carmen Leyte, que lembrou os froitos da política sanitaria de Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia

Leyte detallou outros puntos fundamentais do programa do PP, que buscan a sostibilidade da rede de farmacias, actualizar a estratexia para abordar a cronicidade ou converter a España en líder da implementación do plan europeo de loita contra o cáncer

12, xullo, 2023

• Na súa intervención, no exterior do centro de saúde do Couto, a cabeza de lista ao Senado destacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa sanidade pública: “Para el sempre foi unha prioridade, e atesoura unha longa experiencia neste eido, como secretario xeral de Asistencia Sanitaria ou presidente do Insalud. Para Núñez Feijóo a sanidade é un piar fundamental do Estado de Benestar”

  
  
• “Temos a mellor sanidade pública, pero esta sanidade necesita fortalecemento, necesita asegurar a súa sostibilidade e necesita reformas para que efectivamente siga sendo a mellor”, remarcou Carmen Leyte, que estivo acompañada esta mañá por candidatos populares ao Congreso e ao Senado

• A  candidata popular lembrou a aposta pola sanidade desenvolvida por Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia, mellorando as infraestruturas sanitarias ao longo de toda a comunidade autónoma, con proxectos estratéxicos como a ampliación do CHUO. “Un traballo fundamental para a comodidade asistencial e que, sen dúbida, foi decisivo no peor da pandemia, e na que o presidente Feijóo realizou unha política sanitaria modélica”

• Fronte ás políticas sanitarias de Feijóo, Leyte lamentou o desleixo de Sánchez: “O actual Goberno non prestou atención á sanidade. Dimitiu da xestión da pandemia e desatendeu a crise derivada da falta de médicos, a pesar das peticións reiteradas das comunidades autónomas”

• “O Partido Popular ten dous eixos fundamentais para a próxima lexislatura: potenciar a Atención Primaria e a saúde mental”, explicou Leyte. Sobre Primaria, “promoveremos un plan de choque, incorporando incentivos para facer máis atractiva as prazas, ademais de mellorar o programa de formación ou impulsar a incorporación de 1.000 prazas formativas máis de medicina familiar á oferta de 2024”. No referido á saúde mental, “priorizaremos un programa que preste especial atención á infancia e adolescencia, promova programas específicos de saúde mental nas escolas e aprobaremos un Plan Nacional de Prevención do Suicidio”

• A candidata popular explicou outros puntos fundamentais do programa do Partido Popular no eido sanitario, como procurar a sostibilidade da rede de farmacias, actualizar a estratexia para abordar a cronicidade no sistema nacional de saúde ou converter a España no país líder na implementación do plan europeo de loita contra o cáncer. Tamén avanzou a “blindaxe por lei do apoio aos afectados por ELA e a súas familias para que teñan a mellor calidade de vida posible”

• “Quero dar as grazas a todos os compañeiros da sanidade, ao persoal sanitario e ao persoal non sanitario, todos os que non sacaron adiante na pandemia e que hoxe en día seguen traballando nos centros de saúde e hospitais do país, ao carón da xente e loitando por unha sanidade mellor. Dende o Partido Popular axudaremos a facer isto posible, para que o seu traballo sexa máis sinxelo e traballen en mellores condicións. É unha obriga para con eles e con toda a sociedade”, concluíu Carmen Leyte 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: