Noticias
Blog
Luis Menor, Rosendo Fernández, Marta Nóvoa, Teresa Barge, Jorge Pumar e Manuel Seoane, elixidos deputados provinciais polos edís dos concellos pertencentes á XEZ de Ourense
10, xullo, 2023. Luis Menor, Rosendo Fernández, Marta Nóvoa, Teresa Barge, Jorge Pumar e Manuel Seoane foron elixidos esta mañá deputados provinciais despois de ser votados polos edís do PPdeOU dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Ourense.
Os seis homes e mulleres formarán parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará a próxima semana.
A través do presidente provincial, Manuel Baltar, o PP de Ourense propuxo o pasado martes na Xunta Directiva Provincial a Luis Menor como o próximo presidente da Deputación de Ourense.