Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “En Ourense sabemos perfectamente que Alberto Núñez Feijóo significa xestión e saber facer as cousas ben. E este é o cambio que chegará o 23 de xullo”

Imprimir ppou - 09-Xullo-2023 - 23:45:46 


A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, destacou o “desleixo” de Pedro Sánchez coa provincia de Ourense e o antepuxo co compromiso do candidato popular: “Votar Feijóo é votar Ourense”

8,xullo,2023

• O presidente do PPdeOU remarcou na súa intervención desta tarde no Carballiño a importancia de votar nas vindeiras eleccións xerais: “Estamos nun momento decisivo. Cada voto ao PP, cada voto a Alberto Núñez Feijóo, é un paso máis na dirección correcta. Este é o momento de contribuír, entre todos, á chegada dun ourensán a La Moncloa”

  
  
• “Temos o mellor programa, as mellores listas e o mellor candidato. Un candidato que non necesita presentación. Porque en Ourense sabemos perfectamente que Alberto Núñez Feijóo significa xestión e saber facer as cousas ben. E este é o cambio que chegará o 23 de xullo”, destacou Manuel Baltar no mitin, celebrado na Casa da Cultura do Carballiño

• O líder provincial incidiu na consecución do terceiro deputado, o gran obxectivo destas eleccións xerais en Ourense: “Acadaremos ese 3-1 para sumar na gran vitoria electoral do vindeiro 23 de xullo. Este é o músculo electoral do PPdeOU. Ao día seguinte de gañar as municipais con 51 maiorías absolutas, a maquinaria do partido xa estaba lista para unha nova vitoria, apoiándose agora na potencia electoral de Alberto Núñez Feijóo”

• “O mitin central de mañá en Pontevedra será unha nova demostración de forza do PPdeG, que verá nesta ocasión acompañado dunha mensaxe tremendamente nítida: o cambio que necesita, e merece, España está ao alcance das mans”, sinalou Manuel Baltar

ANA BELÉN VÁZQUEZ: “O GOBERNO DE SÁNCHEZ ESQUECEUSE DO CARBALLIÑO, EN CUESTIÓNS FUNDAMENTAIS COMO OS SERVIZOS FERROVIARIOS OU A MELLORA DAS ESTRADAS”

• Pola súa banda, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, lembrou o “completo desleixo” de Sánchez coa provincia: “O ‘sanchismo’ supuxo un cúmulo de agravios coa nosa terra, en cuestións fundamentais para o desenvolvemento territorial como os servizos ferroviarios  para a vertebración do interior ou a mellora das infraestruturas viarias”

• A candidata popular lembrou a reivindicación da mellora da N-541 -“esta obra é fundamental, porque estamos falando da seguridade dos veciños”- ou a necesidade dunha “verdadeira estación intermodal” na vila. “Cuestións estratéxicas, pero que o Goberno central demorou ‘sine die’ porque a provincia de Ourense nunca foi unha prioridade para eles nestes catro anos”

• Fronte ao abandono do PSOE, Ana Belén Vázquez puxo en valor o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con Ourense: “Coñece cada recuncho desta provincia, cada alcalde, as demandas e necesidades desta provincia. Por iso, Feijóo é un plus electoral para o PPdeOU nestas eleccións pero sobre todo é unha garantía para o futuro de Ourense”

• O acto electoral celebrado esta tarde no Carballiño contou coa presenza dos candidatos populares ao Congreso e ao Senado, ademais das intervencións de Julio García Comesaña, en representación do PPdeG, e do presidente local do PP, Argimiro Marnotes


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: