Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “É o momento do ourensán Alberto Núñez Feijóo, o mellor presidente para España”

Imprimir ppou - 07-Xullo-2023 - 11:16:41 


• O presidente provincial do PPdeOU participou esta noite no acto de inicio de campaña das eleccións xerais do 23 de xullo, no Parque de San Lázaro, xunto aos candidatos ourensáns ao Congreso e o Senado

• A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez: “É un auténtico luxo que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno. Un ourensán que coñece cada rincón da provincia de Ourense, cada concello e cada un dos seus alcaldes”

• A cabeza de lista ao Senado, Carmen Leyte: “Fronte ao dano causado polo ‘sanchismo’ a esta provincia, cunha longa lista de agravios, nós presentamos ao ourensán Alberto Núñez Feijóo, un gran xestor cun coñecemento sobresaínte deste territorio e co que recuperaremos todo o tempo perdido”

6, xullo, 2023. O presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, participou esta noite no inicio de campaña das eleccións xerais do 23 de xullo xunto aos candidatos ourensáns ao Congreso e o Senado, nun acto celebrado no Parque de San Lázaro da cidade de Ourense. 

“Este é o momento do ourensán Alberto Núñez Feijóo, el é o mellor presidente para España”, remarcou Manuel Baltar, que contrapuxo a “capacidade de xestión, a seriedade e o liderado” demostradas ao longo da súa traxectoria pública polo candidato popular fronte ao “desgoberno do ‘sanchismo’, unha etapa pésima que por fortuna rematará o vindeiro 23 de xullo”. 

  
  
O presidente do PPdeOU define esta campaña como “absolutamente decisiva” e incide nos obxectivos en Ourense: “Acadaremos o 3-1, eses tres deputados que contribúan á chegada de Alberto Núñez Feijóo á La Moncloa”. E para elo, insiste, “temos unhas candidaturas formidables, o mellor programa, a gran maquinaria electoral do PPdeOU e o gran ‘acelerador de votantes’ que é Feijóo, un home ao que non hai que presentar aos ourensáns”. 

“Comezamos unha campaña electoral na que nos deixaremos todos os nosos esforzos en levar por toda a provincia a mensaxe de ilusión e ese cambio tan necesario, que chegará con Alberto Núñez Feijóo e co que abriremos unha nova etapa no Goberno central”, sinalou Manuel Baltar. 

Ana Belén Vázquez: “Núñez Feijóo danos ese plus á hora de traballar arreo e acadar o 3-1, que contribúa á gran vitoria do Partido Popular o 23-X”

Pola súa banda, a cabeza de lista popular ao Congreso, Ana Belén Vázquez, definiu esta campaña como “unha campaña moi ilusionante para o Partido Popular de Ourense, porque por primeira vez na historia teremos a un ourensán como candidato á presidencia do Goberno de España”. 

“Para nós é un auténtico luxo que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno. Un ourensán que coñece cada rincón da provincia de Ourense, cada concello e cada un dos seus alcaldes”, sinalou a candidata popular. 

“Alberto Núñez Feijóo danos un plus á hora de traballar arreo e acadar ese resultado, o 3-1 que contribúa á gran vitoria electoral popular o vindeiro 23-X e á chegada de Feijóo a La Moncloa”, destacou Ana Belén Vázquez. 

Carmen Leyte: “Estación de tren intermodal,  A-76, Variante Norte… son iniciativas fundamentais que foron esquecidas polo Goberno de Sánchez”

A cabeza de lista ao Senado pola provincia de Ourense, Carmen Leyte, destacou a potencia das candidaturas que presenta o Partido Popular na provincia, con homes e mulleres “cunha longa traxectoria de traballo a prol de Ourense”. 

Leyte tamén lembrou a “longa lista de agravios de Pedro Sánchez con Ourense”, como o retraso da estación intermodal, a Variante Norte ou o esquecemento da A-76, “iniciativas completamente fundamentais para o desenvolvemento desta provincia e que foron esquecidas nestes últimos catro anos por un Goberno que sempre tivo outras prioridades”. 

Fronte ao “dano causado polo ‘sanchismo’ a Ourense”, a cabeza de lista popular á Camara Alta contrapuxo o programa do ourensán Alberto Núñez Feijóo, “un gran xestor cun coñecemento sobresaínte deste territorio, coas ideas moi claras e co que recuperaremos todo o tempo perdido nestes anos. Porque o PP aposta pola creación de emprego, aposta polo crecemento de España, Galicia e, por suposto, da nosa provincia de Ourense”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: