Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Flora Moure: "As mulleres sempre tiveron moito que dicir e que achegar no PP da cidade de Ourense"

Imprimir ppou - 29-Novembro-2021 - 19:12:46 


• O PP de Ourense, a través da xestora que o dirixe na cidade, celebrou esta tarde o seu primer acto político político, con Susana López Abella e Paula Prado como relatoras e a clausura correu a cargo de Manuel Baltar

• Baixo o lema “Populares pola Igualdade e a erradicación da violencia contra as mulleres na era dixital”, celebrouse un coloquio que foi presentado pola concelleira de Igualdade
en Ourense, Eugenia Díaz Abella 

• No acto fíxoselle un recoñecemento á coordinadora de Igualdade do PP provincial de Ourense, María Antonia Rilo, extensible a “todas e cada unha das mulleres que achegades a vosa experiencia, sensibilidade e traballo en favor do Partido Popular”

29, novembro, 2021.

O PP de Ourense, a través da xestora que o dirixe na cidade, celebrou esta tarde o seu primer acto político. Baixo o lema “Populares pola Igualdade e a erradicación da violencia contra as mulleres na era dixital”, celebrouse un coloquio que foi presentado pola concelleira de Igualdade en Ourense, Eugenia Díaz Abella; e que contou como relatoras principais con Susana López Abella (responsable das políticas de Igualdade en Galicia como secretaria xeral) e Paula Prado (deputada autonómica que defendeu hai unha semana no Parlamento a modificación da Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero consistente en incluir a violencia dixital como forma de maltrato). A clausura do acto correu a cargo do presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar.

Flora Moure, presidenta da xestora do PP da cidade, deu a benvida aos asistentes e amosou o seu agradecemento: “É un orgullo para este gran equipo que é o PP de Ourense saber que seguimos contando con todos vós para continuar avanzando na nosa actividade política. Unha actividade que afrontamos coa máxima ilusión nunha nova etapa onde se hai algo que nos une, que nos reforza e que nos empuxa a seguir é precisamente Ourense. É o obxectivo que nos guía e ao que nos debemos en todos aqueles proxectos que poñemos en marcha”.

“Agradezo ao presidente Manuel Baltar o seu apoio a este acto, e ás relatoras, Susana López Abella e Paula Prado, o seu compromiso como mulleres e políticas do PP, o seu esforzo constante e o seu labor ejemplarizante para todas nós. As mulleres sempre tiveron moito que dicir e que achegar no PP da cidade, e se falamos de Igualdade, temos á mellor guía e á mellor referente en Ourense: María Antonia Rilo”, destacou Flora Moure, quen non se quixo esquecer “de todas e cada unha das mulleres que achegades a vosa experiencia, sensibilidade e traballo en favor do PP de Ourense”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: