Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar alaba “o compromiso e a dedicación co territorio” de Elena Candia, reelixida presidenta do PP de Lugo

Imprimir ppou - 19-Septembro-2021 - 15:41:28 


• No 18 Congreso Provincial dos populares lugueses, o candidato á reelección da presidencia do PP de Ourense felicitou á nova presidenta popular “polo apoio recibido, que sen dúbida algunha avala e lexitima aínda máis se cabe o seu proxecto e o seu equipo para seguir traballando todos os días por Lugo e por Galicia”

19, setembro, 2021.

  
  
O candidato á reelección da presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, acudiu hoxe a Outeiro de Rei onde os populares lugueses celebraron o seu 18 Congreso Provincial e no que Elena Candia revalidou a presidencia do partido cun amplo apoio. Unha persoa, dixo Baltar, “que é un dos mellores exemplos de dedicación e compromiso co seu territorio, unhas virtudes que lle converteron novamente  en líder do proxecto político que máis se parece a Lugo”

Tralo remate do conclave, o candidato ourensán quixo felicitar á nova presidenta popular “por ter a decisión e a capacidade de afrontar unha reelección máis, pero tamén polo apoio recibido por parte dos compromisarios, o que sen dúbida algunha avala e lexitima aínda máis se cabe o seu proxecto e o seu equipo para seguir traballando todos os días por Lugo e por Galicia”.

Manuel Baltar engadiu que “non é un labor doado, pero ten ao seu favor un amplísimo coñecemento da súa súa provincia e por suposto do seu partido, o que lle permite contar cunha magnífica plataforma para conseguir os retos que demanda a veciñanza luguesa”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: