Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar quere “un partido aberto, accesible, que escoite e que estea en permanente comunicación cos cidadáns”

Imprimir ppou - 14-Septembro-2021 - 21:50:01 


• Ante un cento de compromisarios da comarca de Ourense, o candidato explicou o seu decálogo de propostas para un novo mandato, destacando a estrea dunha nova sede, o deseño dunha App para un contacto máis fluído coa sociedade e un espazo en internet máis interactivo e participativo

14, setembro, 2021.

O candidato á reelección da presidencia do Partido Popular, Manuel Baltar, concluíu hoxe no claustro de San Francisco da capital a súa campaña electoral pola provincia cun encontro con máis dun cento de compromisarios pertencentes á comarca de Ourense, no que explicou as claves que marcarán o traballo do partido nun próximo mandato. Unha estratexia na que remarcou a súa intención de ofrecer “un partido aberto, accesible, que escoite e que estea en permanente comunicación cos cidadáns”.

  
  
Os partidos políticos e os seus representantes “non só deben falar, senón que teñen a obriga de prestar atención ao que di a sociedade”, dixo o candidato, explicando así o lema da súa campaña “Baltar escoita”. E para escoitar, engadiu, hai dúas vías: a física e a tecnolóxica. Polo que se refire á primeira explicou que no seu decálogo de propostas inclúe a estrea dunha nova sede provincial en Ourense, logo de case corenta anos nas actuais instalacións, “máis acorde cos tempos actuais e para prestar un mellor servizo”. 

Non obstante, puntualizou, “calquera afiliado ou simpatizante pode ser unha sede do PP grazas ao uso das novas tecnoloxías”, polo que anunciou aos presentes o deseño dunha App “para se máis accesibles e manter un contacto más fluído coa sociedade”. Unha iniciativa que Manuel Baltar quere complementar cun novo espazo web, “máis interactivo e participativo a disposición de todos os ourensáns, sexan ou non militantes, en calquera momento do día e do ano”.
 
“Empezamos Ourense!”

O candidato rematou en Ourense a campaña electoral “Baltar escoita”, na que visitou as comarcas de Verín, A Limia, Baixa Limia, Terras de Celanova, Trives, O Barco, Ribadavia e O Carballiño, reuníndose con compromisarios, cargos locais do partido, institucionais e militantes para explicarlles as súas propostas cara un novo mandato.

Xunto coas liñas de actuación citadas hoxe, o decálogo de Manuel Baltar complétase cunha campaña permanente de afiliación, un partido en feminino mantendo a maioría de mulleres no comité executivo, unha convención anual municipal para recoñecer o traballo das concelleiras e concelleiros, un consello comarcal para coñecer a realidade de cada territorio, un comité permanente de campaña e non só para períodos electorais, máis formación para os cargos institucionais e un foro de debate popular para enriquecer o partido coas achegas de expertos nas máis diversas materias.

Nestes encontros, Manuel Baltar remarcou que o lema para o 18º Congreso Provincial do 26 de setembro no pavillón Paco Paz da capital, “Empezamos Ourense!”, “non supón un punto e seguido; é unha nova etapa na que queremos seguir liderando o futuro de Ourense, coa nosa experiencia na xestión e os acreditados compromisos coa provincia, pero formulando constantemente innovadoras iniciativas para dar resposta aos retos actuais e próximos, máxime neste tempo de pandemia e pospandemia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: