Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Grupo Popular solicita que se aclaren as circunstancias do baleirado dos encoros da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil e que o Goberno estableza mecanismos de control e vixiancia

Imprimir ppou - 28-Agosto-2021 - 13:24:40 

 
• A situación dos embalses dependentes do Ministerio para a Transición Ecolóxica contrasta cos que son competencia da A situación dos embalses dependentes do Ministerio para a Transición Ecolóxica contrasta cos que son competencia da Xunta, que se atopan ao 66%, indicou a voceira de Medio Ambiente

• Na iniciativa popular piden garantir que o aproveitamento enerxético sexa compatible co abastecemento, a biodiversidade dos ríos, a pesca, o regadío ou as actividade turísticas


Santiago, 27 de agosto de 2021.- A voceira de Medio Ambiente do Grupo Popular Marisol Díaz Mouteira presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria dirixida a requirir do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aclare as circunstancias nas que se produciu o baleirado dos encoros da súa competencia en Galicia, como son Portas, Belesar, Cenza e Salas, e se autorizou a deixalos por debaixo do 20% da súa capacidade e, no seu caso, os motivos que levaron a esa autorización. 

  
  
Marisol Díaz alertou da baixada do nivel destes encoros, de competencia estatal, presas de abastecemento e de aproveitamento hidroeléctrico que, no pasado ano por estas datas presentaban un nivel de ocupación superior ao 71%, estando a media da última década nun 67,21%, e na actualidade están por debaixo da metade da súa capacidade e incluso con casos que se sitúan no 15% e ao 13%, como acontece no caso dos encoros de Cenza e de Portas. Tamén destacou o descenso no volumen de ocupación do embalse de Salas durante a primeira quincena de agosto que pasou de estar ao 40% a situarse ao 27% desta semana.

EMBALSES DA XUNTA AO 66 % 

“Uns niveis de ocupación inxustificables e moi preocupantes nun ano hidrolóxico normal no que esta situación non é imputable á falta de chuvia na nosa Comunidade e que xera unha grave preocupación e alerta social en previsión do que poida acontecer nos próximos meses, xeralmente climatolóxicamente secos” sinalou Marisol Díaz e indicou que esta situación “contrasta coa que presentan os da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, de responsabilidade da Xunta, que se atopan en torno ao 66%”.

Esa diferenza estriba, indicou a deputada popular, en que a Xunta de Galicia conta con mecanismos de control e de vixilancia nos encoros da súa competencia, nos que se establece un nivel mínimo de explotación, que se fixa na tramitación das normas de explotación das distintas presas, así como nas Comisións de Desaugamento de Encoros. 

“Mecanismos de control estritos que teñen como obxectivo garantir que o aproveitamento hidroeléctrico sexa compatible co abastecemento e coa preservación da fauna que habita nesas masas de auga e co mantemento dunha reserva mínima que garanta os caudais ecolóxicos mínimos establecidos, e nos embalses que dependen da Xunta se establece un nivel mínimo do 20” , indicou Marisol Díaz.

“Por eso sorprendenos o que está a suceder nos encoros das concas estatais dos ríos Miño e Sil que vai a prexudicar moito ao país polo desabatecemento de auga a poboación, a preservación dos valores ambientais e de biodiversidade que pode provocar e mesmo na loita contra os incendios” indicou a deputada popular.

SEGUIMENTO DA FLORA E FAUNA DOS ENCOROS 

Na iniciativa parlamentaria popular se solicita que a Xunta, a través dos seus axentes mediambientais, continúe co seguimento que vén realizando nas últimas semanas sobre a flora e a fauna dos encoros pertencentes á Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, co obxectivo de verificar que se respecta en todo momento o caudal ecolóxico e evitar afeccións á biodiversidade que habita nas masas de auga. 

 Así mesmo se solicita que a Xunta se dirixa ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para que revisen as normas de explotación vixentes nesas presas e que se concrete un nivel mínimo de ocupación acorde ao contexto de cambio climático e para evitar riscos ambientais e no abastecemento e que se establezan mecanismos de control e vixilancia necesarios para evitar este tipo de situacións e garantir que o aproveitamento enerxético dos encoros da conca Miño-Sil sexan compatibles co abastecemento, coa biodiversidade dos ríos, a pesca, o regadío ou as actividades turísticas. 

 Tamén inclúe a iniciativa a petición de se se informe á Xunta e aos concellos afectados de todas as medidas que se adopten para paliar ese baleirado desmesurado nos encoros de competencia estatal. 

“Esperemos que se den as explicacións oportunas por parte do Goberno central e que se cumpran as normas de explotación dos embalses e que atendan non só a intereses económicos senón a intereses tan importantes como criterios ambientais e sociais e entendemos non é casualidade que baleirado teña coincidido coa maior crise da historia de España no prezo da luz, por iso unimonos a grave preocupación xeral polo baleirado actual e polo que poida deparar nos próximos meses dependendo de como veña a situación climatolóxica” finalizou indicando a voceira de Medio Ambiente.   
   








(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: