Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Parlamento galego solicita a construción dunha estación de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas

Imprimir ppou - 19-Abril-2021 - 13:50:20 


• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, Marta Nóvoa amosou “sorpresa” polo apoio do PSdeG a esta iniciativa, “logo de que o Goberno de Pedro Sánchez anunciara que non ten intención de realizar esta obra”

Santiago, 15 de abril de 2021.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que inicie a redacción do proxecto dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas en Ourense, o que permitiría liberar espazo na estación de Ourense-Empalme. A deputada popular Marta Nóvoa amosou “a sorpresa polo voto favorable do PSdeG a esta iniciativa, máxime logo de que o Goberno de Pedro Sánchez anunciara que non ten intención de realizar esta obra, que non recibiron o anteproxecto e, o que é máis chamativo, pide que a executen os propios empresarios do polígono”.

Marta Nóvoa explicou que “na actualidade o 90 por cento das mercadorías de Ourense móvense a través do cargadoiro de San Cibrao e a estación de Taboadela, situadas a escasos tres quilómetros de distancia, o que motivou a reivindicación de todo o tecido empresarial do Polígono Industrial de San Cibrao e o cinto que o rodea de construír unha nova central de mercadorías nos terreos da Cidade do Transporte, un espazo que dispón a Xunta apropiados para este fin e que son contiguos á liña ferra Ourense-Zamora”.

MOITAS RAZÓNS

Entre as razóns que expuxo a deputada popular figuran a importancia de fomentar o ferrocarril no detrimento do transporte por estrada, que é máis contaminante; o custo económico que supón tres estacións de mercadorías nun entorno de dez quilómetros; a posibilidade que se abre de destinar a estación de Ourense unicamente para o transporte de viaxeiros; a localización da central de mercadorías onde se produce o 90 por cento das mesas; e que a liña a Zamora quedará libre coa entrada da alta velocidade ferroviaria.

“Estamos a falar dunha reivindicación non só dos empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas senón de todo Ourense e toda Galicia, de aí os apoios da Confederación de Empresarios de Ourense e da Confederación Empresarial de Galicia, ademais de administracións como os concellos de San Cibrao e Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta”, indicou.

A deputada popular amosou a “sorpresa” polo voto favorable dos deputados socialistas a esta iniciativa do Grupo Popular, “xa que o Goberno central ten manifestado que nin a curto nin a medio prazo ten pensado levar a cabo esta nova estación de mercadorías”. 

Neste sentido, lembrou a información publicada onte nos medios de comunicación na que o Goberno de España, contestando a unha pregunta dos senadores por Ourense do Grupo Popular, asegurou que non ten intención de construír esta estación, que non recibiron o anteproxecto (cando o 8 de febreiro pasado o presidente da Asociación de Empresarios entregoulle en man ao delegado do Goberno este documento) e pide que executen esta obra os propios empresarios.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: