Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP pide que se axilicen os convenios con Cáritas, Cruz Vermella e o Banco de Alimentos e critica o desprezo de PSOE e BNG a estas entidades, fundamentais nesta pandemia

Imprimir ppou - 11-Marzo-2021 - 15:55:05 


• No pasado Pleno do  Concello, debateuse unha moción das entidades do chamado Terceiro Sector. E naquel pleno, ocorreu algo que pasou desapercibido por causa doutros asuntos moito menos importantes pero si con maior ruído mediático, como foi a “NON-Moción de Censura” orquestrada polo PSOE.

• O que ocorreu no pasado Pleno foi que tanto BNG como PSOE constataron o seu desprezo a dúas entidades sociais absolutamente fundamentais nesta cidade. E máis se cabe, nestes durísimos tempos de pandemia: Cruz Vermella, Cáritas e o Banco de Alimentos.

• “Como poden PSOE e BNG  arrogarse tanta autoridade moral que se cren os grandes defensores dos dereitos sociais, cando son os primeiros en negar axuda a quen máis se implican con quen máis o necesitan? É un sinsentido absoluto, ademais dunha inmensa inxustiza”, sinala Eugenia Díaz Abella.

Ourense, 11 de marzo 2021

No pasado Pleno do Concello, debateuse unha moción das entidades do chamado Terceiro Sector. E naquel pleno, ocorreu algo que pasou desapercibido por causa doutros asuntos moito menos importantes pero si con maior ruído mediático, como foi a “NON-Moción de Censura” orquestrada polo PSOE.

O que ocorreu no Pleno foi que tanto BNG como PSOE constataron o seu desprezo a dúas entidades sociais absolutamente fundamentais nesta cidade. E máis se cabe, nestes durísimos tempos de pandemia: Cruz Vermella, Cáritas e o Banco de Alimentos.

“E por que digo iso? Pois porque ambos os partidos rexeitaron de plano unha emenda que nós defendemos para que se axilizasen os seus convenios co Concello de Ourense. Como poden PSOE e BNG  arrogarse tanta autoridade moral que se cren os grandes defensores dos dereitos sociais, cando son os primeiros en negar axuda a quen máis se implican con quen máis o necesitan? É un sinsentido absoluto, ademais dunha inmensa inxustiza. E permítanme que tamén o digo: un exercicio de hipocresía. Como poden comparecer para criticar as listas de espera en Servizos Sociais e, ao mesmo tempo, negar a axuda que precisan as entidades?”, preguntouse a concelleira popular Eugenia Díaz Abella.

“Porque se falo, fágoo con coñecemento de causa. Hai un ano, desde a miña responsabilidade de entón á fronte de Servizos Sociais, asumín un dos maiores retos da miña vida profesional e persoal: a xestión da primeira onda da pandemia na cidade. E saben vostedes que entidades estiveron ao pé do canón, sen desfallecer, e a total disposición do Concello e das persoas que máis necesitaban de nós? Efectivamente: Cáritas, Cruz Vermella e o Banco de Alimentos”, recalcou Eugenia Díaz Abella.

Por iso é que desde o PP rexeitamos con contundencia a actitude de PSOE e BNG, incalificable desde logo, e pedimos ao alcalde e ao goberno municipal que axilicen os convenios con estas entidades, tan imprescindibles hoxe en día. Para esa decisión, terá o apoio firme e sen fisuras do PP.

Trátase de facer política para as persoas, non de facer política para os políticos, que parece que é ao que están afeitos en PSOE e BNG  últimamente.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: