Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense desbloquea o funcionamento ordinario e esencial do Concello de Ourense

Imprimir ppou - 15-Febreiro-2021 - 11:46:38 


• O voto dos populares en xunta de goberno permitiu desbloquear o pago de facturas atrasadas a proveedores, licencias urbanísticas que garantizan o emprego de pequenas empresas, a actualización do IPC nos salarios dos traballadores municipais que contempla a lei, o abono de débedas que impedirían optar a subvencións, e certames culturais de grande importancia para os creadores literarios

• “Desde o PP asumimos a responsabilidade que outros grupos non amosaron. O que nos importa é o avance da cidade e que os veciños, as pequenas empresas, o funcionariado e os creadores culturais non paguen as consecuencias da precariedade do goberno da cidade”, sinala a portavoz municipal, Flora Moure.

15 de febreiro 2021

O PP de Ourense decidiu incorporarse de xeito temporal á Xunta Local de Goberno para evitar a parálise do Concello, ante a baixa por enfermidade grave do edil Telmo Ucha. A pesar das diferenzas existentes nos últimos tempos co goberno de Gonzalo Pérez Jácome, o PP de Ourense adoptou esta decisión excepcional e extraordinaria por responsabilidade política, para garantir a xestión ordinaria do Concello, dado que a falta de quorum para constituír a Xunta Local de Goberno impediría o normal funcionamento do Concello, cronificando aínda máis a súa parálise.

“Desde o PP asumimos a responsabilidade que outros grupos non amosaron. O que nos importa é o avance da cidade e que os veciños, as pequenas empresas, o funcionariado e os creadores culturais non paguen as consecuencias da precariedade do goberno da cidade”, sinala a portavoz municipal, Flora Moure. “A nosa firme vocación é a de exercer unha oposición útil e construtiva para a cidade”.

Así, grazas á reincorporación temporal do PP a este órgano (para o que foi designada a portavoz municipal, Flora Moure), puidéronse desbloquear asuntos como:

• 7 licenzas urbanísticas, entre as que destaca unha para a construción dun novo edificio na cidade e outras para mellorar a accesibilidade en inmobles. Unha boa noticia para que non se paralice o sector que máis emprego xera en Ourense. Neste momento, toda licencia urbanística garantiza o mantemento de postos de traballo en pequenas empresas da nosa cidade.

• O pago de taxas e outros conceptos á CHMS. Con débedas deste tipo, o Concello non podería optar a diversas subvencións, de aí a súa enorme importancia para o avance presente e futuro do Concello da cidade.

• O pago de facturas non aprobadas en 2020. Os provedores do Concello teñen que cobrar polos seus servizos e non teñen a culpa da parálise deste microgobierno, polo que este asunto foi prioritario no posicionamento dos populares.

• A actualización do IPC que contempla a lei para os salarios dos traballadores municipais.

• A convocatoria e bases de certames culturais que son clásicos na cidade: XXXVII Premio de Poesía “Cidade de Ourense” e Premio Risco de Creación Literaria 2021. A Cultura non debe parar en pandemia, senón que debe ser potenciada. De aí o noso interese en que ambos os puntos saísen adiante. “En época de parón cultural propiciado polo señor alcalde, sen unha soa actividade neste entroido a pesares de que prometeu o contrario, en todo canto podamos contribuir a desbloquear esta situación, farémolo”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: