Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido popular denuncia a “extrema insensibilidade” do alcalde de Verín cos agricultores e gandeiros da comarca

Imprimir ppou - 21-Xaneiro-2021 - 16:21:08 


• O secretario xeral dos populares ourensáns, Rosendo Fernández, criticou “a total falta de respecto por parte do alcalde socialista ao principio de cooperación entre Administracións”, logo de acordar o desaloxo da Oficina Agraria Comarcal de xeito unilateral, sen comunicación á Xunta de Galicia como órgano competente e sen ofrecer alternativas. 

• “Esta é a verdadeira faciana do PSOE -advertiu-, a dun partido que di pensar en Ourense mentres pola porta de atrás non vacila en adoptar medidas drásticas que deixan sen servizo a todo un sector esencial, como é o primario, en plena crise sanitaria, económica e social”.

21, xaneiro, 2020.

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, denunciou hoxe a “extrema insensibilidade” do alcalde de Verín, o socialista Gerardo Seoane, cos agricultores e gandeiros da comarca tras anunciar o desaloxo da Oficina Agraria Comarcal das instalacións que este servizo ocupa no primeiro andar da praza de abastos da vila. “Unha decisión que afecta directamente a un sector, o primario, cunha enorme trascendencia neste territorio polo que supón de xeración de emprego e riqueza”, subliñou Fernández.

Tras coñecer a decisión do alcalde socialista de Verín, adoptada de xeito unilateral e sen comunicación previa á Xunta de Galicia como órgano competente, o secretario xeral do PP ourensán afirmou que “esta é a verdadeira faciana do PSOE, a dun partido que di pensar en Ourense mentres pola porta de atrás non vacila en adoptar medidas drásticas que deixan sen servizo a todo un sector esencial, como é o primario, en plena crise sanitaria, económica e social”.

Rosendo Fernández puxo o énfase na relevancia da Oficina Agraria Comarcal de Verín, “que está entre as de maior carga de traballo das 68 oficinas existentes en Galicia, e cuxo labor está previsto impulsar dentro do plan de reforzo que para este servizo está a desenvolver a Consellería do Medio Rural”. Un plan que, segundo este departamento, supón a modernización tecnolóxica e a mellora das instalacións para potenciar o seu papel de extensión agraria”.

Fernández subliñou “a firme aposta e apoio ao sector primario da comarca tanto por parte do Partido Popular de Ourense como desde as institucións nas que goberna, particularmente a Deputación provincial”, denunciando ademais a “total falta de respecto por parte do alcalde socialista de Verín ao principio de cooperación entre Administracións en beneficio dos cidadáns”, logo de acordar o desaloxo da citada oficina sen ofrecer alternativa algunha.

Diante da ameaza de desaloxo por parte do alcalde, advertiu o secretario xeral, “o PP de Ourense ofrece o seu total apoio á Xunta de Galicia para que non quede desamparado o sector primario da comarca, incluíndo o traslado da oficina a outro emprazamento que reúna as condicións axeitadas e contribúa o impulso do seu desenvolvemento”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: