Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP celebra a I Convención de candidatos ás alcaldías de Ourense coa presenza de todos os números 1

Imprimir ppou - 25-Marzo-2011 - 20:47:06 

O Partido Popular celebra mañá na Casa da Cultura de Barbadás a "I Convención de candidatos ás alcaldías de Ourense", coa presenza de todos os números 1 dos 92 concellos da provincia e da entidade local menor de Berán. Ao longo de toda a mañá os candidatos trazarán as estratexias conxuntas para levar a cabo nos vindeiros comicios municipais, e ao remate da convención terán lugar os relatorios de conclusións e farase unha "foto de familia" con todos os candidatos.
O programa da convención desenvolverase coas intervencións nos relatorios do alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto; o candidato á Alcaldía de Ourense e secretario provincial, Rosendo Fernández; á candidata á Alcaldía de Ribadavia, Pilar Rodríguez Martínez; o candidato á Alcaldía de Maceda, Manuel Blanco González; a responsable do programa electoral para o municipio de Ourense, Beatriz González-Tejada Jácome, e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.
No acto de clausura, que terá lugar ás 13.00 horas, intervirán o presidente da Deputación e presidente de honra do PP de Ourense, José Luís Baltar; o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e rematará o presidente provincial, Manuel Baltar.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: