Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Dezasete representantes municipais do Partido Popular de Ourense estarán presentes como vocais nas comisións de traballo da FEMP

Imprimir ppou - 11-Marzo-2020 - 13:16:03 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, mostrou a súa satisfacción pola elección dos membros ourensáns, destacando "a idoneidade da proposta e dos perfís presentados, pois os vocais escollidos estarán presentes en comisións tan importantes no eido local como as de cooperación, rural, mancomunidades, patrimonio, movilidade ou sostibilidade”.

11, marzo, 2020.

Un total de 17 representantes municipais do Partido Popular de Ourense, a práctica totalidade deles alcaldes e alcaldesas, participarán como vocais nas distintas comisións de traballo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), logo de que os órganos de dirección desta entidade aceptasen a proposta presentada polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar. Unha favorable acollida que para o líder dos populares ourensáns “fala ven as claras do compromiso municipalista e provincial da nosa formación”.

Manuel Baltar mostrou a súa satisfacción pola elección dos representantes populares da provincia nas comisións da FEMP, destacando “a idoneidade da proposta e dos perfís presentados, pois os vocais escollidos estarán presentes en comisións tan importantes no eido local como as de cooperación, rural, mancomunidades, patrimonio, movilidade ou sostibilidade, entre outras.

Unha presenza que ven de reforzar a elección, este pasado luns, de Manuel Baltar, en calidade de presidente da Deputación de Ourense, como membro da Subcomisión permanente da Comisión de Deputacións provinciais, Cabildos e Consellos Insulares.

Para Manuel Baltar, as responsabilidades outorgadas aos membros ourensáns na FEMP concordan, afirmou, “coa representación e o apoio que o Partido Popular ven de acadar nos distintos procesos electorais, gobernando en 60 alcaldías, con presto de 500 concelleiros e concelleiras e por ser a primeira formación de España en apoio electoral a calquera partido nas xerais de novembro, nas que incluso conseguimos cinco puntos máis que nas xerais de abril”.
 
COMISIÓNS E VOCAIS OURENSÁNS.

Os 17 representantes ourensáns que estarán noutras tantas comisións son os seguintes:

• Comisión coordiadora de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Luciano Rivero (alcalde de Cualedro).
• Cooperación ao Desenvolvemento, Patricia Torres (alcaldesa de Boborás).
• Cultura, César Fernández (alcalde de Ribadavia).
• Deportes e Ocio, José Antonio Armada (concelleiro de Bande).
• Desenvolvemento Rural e Pesca, Rubén Quintas (alcalde de Maceda).
• Educación, Manuel Prado (alcalde de Beariz).
• Igualdade, Susana Vázquez (alcaldesa de Porqueira).
• Integración e Cohesión Social, Patricia Lamela (alcaldesa de Larouco).
• Mancomunidades, José Antonio Pérez (alcalde de Quintela de Leirado).
• Modernización, Bo Goberno e Participación Cidadá, Melisa Macía (alcaldesa de Vilariño de Conso).
• Patrimonio Histórico-Cultural, César Parente (alcalde de Nogueira de Ramuín).
• Saúde Pública, Manuel Garrido (alcalde da Merca).
• Seguridade e Convivencia Cidadá, Avelino Luis de Francisco (alcalde de Cortegada).
• Transportes, Mobilidade Sostible e Seguridade Vial, Luis Menor (alcalde de Pereiro de Aguiar).
• Sociedade da Información, Innovación Tecnolóxica e Axenda Dixital, Ricardo González (alcalde de Toén).
• Función Pública e Recursos Humanos, Rodrigo Aparicio (alcalde de Arnoia).
• Benestar e Accesibilidade Universal, Miguel Antonio Cid (Alcalde da Teixeira).


Suscíbete:
Redes Sociales: