Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar agradece “o compromiso e confianza no proxecto político popular” aos novos afiliados do PP

Imprimir ppou - 29-Febreiro-2020 - 14:16:30 


• A sede provincial acolleu o acto de entrega de carnés a unha vintena de militantes, en representación do máis de medio cento de persoas que nas últimas semanas se inscribiron na formación popular a través da xunta local de Ourense cidade.

29, febreiro, 2020.

A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu esta mañá o acto de entrega de carnés a unha vintena de novos afiliados, en representación do máis de medio cento de persoas que nas últimas semanas se inscribiron na formación popular a través da xunta local de Ourense cidade.

  
  
O presidente provincial, Manuel Baltar, deu a benvida aos novos afiliados –“que vos sumáis a unha gran familia de 27.000 militantes”-  agradecendo “o compromiso e a confianza depositada no proxecto popular, nun momento político complexo, o que tamén fala ás claras das persoas que, como vós, creedes na capacidade deste partido para seguir facendo un Ourense e unha Galicia mellores”. 

Logo tamén do agradecemento expresado polo presidente da agrupación local de Novas Xeracións, Alberto Fraguas, o presidente da xunta local de Ourense, Jesús Váquez, destacou o aumento experimentado nos últimos meses no número de afiliados, “apoiando ao partido que, como ven de demostrar, é o que máis beneficia a Galicia e Ourense”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: