Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Goberno de Sánchez oculta información, negándolla aos senadores populares, sobre o Corredor Atlántico

Imprimir ppou - 28-Febreiro-2020 - 16:37:39 


• Ante unha pregunta dos senadores ourensáns e galegos respecto á previsión que ten o Goberno de España respecto á solicitude de fondos europeos para iniciar os proxectos do Corredor Atlántico, a resposta oficial foi que “non se podía ofrecer a información solicitada”. 24 horas desta resposta, anunciaron o contrario nos medios de comunicación.

• “Estamos ante unha nova falta de respecto do Goberno do PSOE de Pedro Sánchez con Galicia, ocultándolle información aos representantes populares dos galegos na Cámara Alta. Ou minten, ou o desprezo é evidente”, sinalan os senadores ourensáns e galegos, que hoxe mesmo reclamaron documentación por escrito do que se supón que presentou o Goberno á convocatoria de axudas do Mecanismo Conectar Europa (CEF), cuxo prazo remata hoxe.

28, febreiro, 2020.

O Goberno de Sánchez oculta información, negándolla aos senadores populares, sobre o Corredor Atlántico. Así o manifestan os senadores do PP de Ourense e Galicia, quenes xa en xaneiro rexitraran unha pregunta na Cámara Alta na que  solicitaban coñecer que previsión tiña o Goberno de España respecto á solicitude de fondos europeos para iniciar os proxectos da liña Monforte – Ourense – Vigo – A Coruña. A resposta oficial a esta pregunta, remitida con data 26 de febrero, sinalaba “que non se podía ofrecer a información solicitada”, argumentando que “se estaban a elaborar as correspondentes propostas, con data límite a finais deste mes de febrero”.
O curioso é que 24 horas despois desta resposta, o Ministerio de Fomento ofreceu unha información a un xornal galego sinalando que “Adif pide por primeira vez fondos á UE para arrincar o Corredor Atlántico”.

“Estamos ante unha nova falta de respecto do Goberno do PSOE de Pedro Sánchez con Galicia, ocultándolle información aos representantes populares dos galegos na Cámara Alta. Ou minten, ou o desprezo é evidente”, sinalan os senadores ourensáns e galegos, que hoxe mesmo reclamaron documentación por escrito do que se supón que presentou o Goberno á convocatoria de axudas do Mecanismo Conectar Europa (CEF), cuxo prazo remata hoxe mesmo.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: