Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A reforma e acondicionamento da estrada de Santo Agostiño, no Concello de Viana do Bolo, comezará no 2020

Imprimir ppou - 19-Novembro-2019 - 11:49:28 


• Logo dunha reunión co grupo popular vianés, na que se analizou a tramitación dunha iniciativa do PP local aprobada por unanimidade, o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, comunicou que convocará ás partes implicadas –Deputación, Concello e Endesa- para asinar antes de que remate o ano se o convencio que permita a licitación e adxudicación dos traballos.

19, novembro,  2019.

As obras de reforma e acondicionamento da estrada de Santo Agostiño, no Concello de Viana do Bolo, darán comezo en 2020, logo de que no primeiro semestre dese ano sexa licitado e adxudicado o proxecto. Esta é a principal conclusión do encontro que os representantes do grupo popular vianés, co seu portavoz á fronte, Andrés Montesinos, mantiveron co presidente provincial do PP, Manuel Baltar, reunión na que analizaron o estado da proposta, aprobada por unanimidade no pleno local de outubro e a instancias do PP, para executar a reforma desta estrada.

  
  
Logo de estudar a tramitación desta iniciativa, o presidente provincial do PP comprometeuse a convocar desde a Deputación, antes de que remate o ano, ás tres partes implicadas no proxecto –a propia institución provincial, Concello de Viana do Bolo e á empresa Endesa, como propietaria da estrada- para asinar o convenio que permitirá a licitación e adxudicación das obras no primeiro semestre 2020, de tal xeito que as obras xa comecen ao longo dos seguintes meses.

Este convenio establece que o custo das obras, valoradas en 1.292.910 euros, será asumido nun 50 % pola empresa, mentres que a metade restante correrá a partes iguais a cargo do Concello, a través do plan provincial de obras, e da Deputación, que xa ten provisionado este investimento nos orzamentos aprobados no pasado mes de setembro.

A moción presentada polo grupo popular formulaba como propostas que o concello aceptara a cesión da titularidade da estrada por parte da empresa,  que asinara o correspondente convenio e asumise a parte económica correspondente proposta pola Deputación.

Para o presidente provincial popular, Manuel Baltar, o resultado da reunión ven a demostrar “a visión de colaboración política e institucional da que fai gala o Partido Popular, que a través dunha iniciativa do noso grupo en Viana conseguíu que saia adiante un proxecto no que están implicadas distintas administracións, ademais do sector privado”.

Nunha liña semellante manifestouse o portavoz popular vianés, Andrés Montesinos, para quen este proxecto “era unha prioridade polo insostible da situación para os veciños afectados”, lembrando que xa no 2018 tomaran a iniciativa  “para iniciar as xestións que permitiran o arranxo do vial, iso si, co voto en contra do alcalde nacionalista e dos seus concelleiros, demostrando que pouco lles importa o benestar e calidade de vida da veciñanza”.
 
COOPERACIÓN CO SECTOR PRIMARIO LOCAL.

Ademais do asunto principal abordado nesta reunión, os representantes municipais tamén trasladaron ao presidente provincial do PP o seu interese en contar co apoio e cooperación das administracións para impulsar o sector primario no concello, nomeadamente en actividades gandeiras, apícolas e da castaña.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: