Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 10N: “O voto ao PP é útil en todas partes, pero neste caso necesario porque urxe unha solución e un goberno para España”

Imprimir ppou - 02-Novembro-2019 - 21:09:50 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou que os populares ourensáns saben traballar para “dar como sempre o facemos unha lección de responsabilidade e conseguir de novo que sexamos a formación con maior apoio electoral, para contribuír a unha gran maioría nas Cortes Xerais”.

• A cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, acusou aos socialistas de “ser auténticos trituradores do emprego, polo que si queremos seguir crecendo como ocorreu co Goberno de Rajoy o primeiro que temos que facer é mandar ao paro a Sánchez”. 

• O número uno ao Senado, Miguel Ángel Viso, pediu aos populares que saian ás rúas “para recordarlle aos cidadáns que nós somos o partido coa máis ampla experiencia de goberno, o que puxo a este país no camiño do crecemento e o único capaz de ofrecer a estabilidade”.

2, novembro, 2019.

“O Partido Popular é útil en todas partes, pero neste caso é máis necesario que nunca porque urxe unha solución e un goberno para España”, dixo hoxe o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, no inicio da campaña para as eleccións xerais do 10 de novembro, xornada que tivo como escenarios as vilas do Carballiño e Bande, a primeira delas cun mitin-xantar no que tamén participou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Manuel Baltar insistiu en que compre unha solución política “para a que temos a ferramenta máis útil da democracia, que é depositar a papeleta do Partido Popular nas urnas”. Os populares, afirmou, “temos que dar como sempre o facemos unha lección de responsabilidade e conseguir de novo que sexamos a formación con maior apoio electoral, para contribuír a unha gran maioría nas Cortes Xerais”.

  
  
O PP ourensán sabe traballar para conseguir os seus obxectivos, dixo Baltar, “é a mostra está nas municipais, onde os vosos votos serviron para gobernar na Deputación, no Concello de Ourense e noutros 60 concellos de toda a provincia”.

“Agora queremos repetir os tres senadores conseguidos en abril e os tres deputados no Congreso das xerais de xuño de 2016”, afirmou o presidente provincial, “e iso conseguirémolo cos máis de 90.000 votos que sempre tivemos, e alcanzaremos ese obxectivo se cada un dos nosos 30.000 afiliados convencen a dúas persoas e recuperamos os votos daqueles que en abril escolleron outras opcións, porque a división do voto só serve para que a esquerda de Sánchez nos impida gobernar”.
 
ANA VÁZQUEZ: “QUE NON DUBIDE NINGUÉN QUE OS SOCIALISTAS SEGUIRÁN CONVOCANDO ELECCIÓNS ATA QUE CONSIGAN OU SEUS OBXECTIVOS PARTIDISTAS”.

Na súa intervención, a cabeza de lista polo Congreso, Ana Vázquez, acusou aos socialistas de “ser auténticos trituradores do emprego, polo que si queremos seguir crecendo como ocorreu co Goberno de Rajoy o primeiro que temos que facer é mandar ao paro a Sánchez”. Un presidente en funcións “máis preocupado do pasado e dirixindo un partido que só ten unha soa preocupación: o propio Sánchez”.

Tanto no Carballiño como diante dos seus veciños na súa localidade natal, Bande, mitin no que tamén participou a membro da xunta executiva do PPdeG, Ánxeles Vázquez, a candidata ao Congreso subliñou a importancia destas eleccións para o futuro de España, “pero tamén para Galicia, á que os socialistas ignoran descaradamente porque senten envexa da estabilidade do noso goberno popular”.

Todo o contario que un presidente do Goberno en funcións, do que dixo “que non dubide ninguén que seguirá convocando eleccións ata que consiga ou seus obxectivos partidistas”, pero, advertiu, “nós temos a oportunidade de romper ese saco de avaricia”.

  
  
MIGUEL ÁNGEL VISO: “DESDE AS CORTES XERAIS O PP SÓ PENSA EN DAR RESPOSTA AOS DESAFÍOS PRESENTES E FUTUROS DE TODOS OS CIDADÁNS”.

Tamén en ambas as dúas citas interveu o número uno da lista popular oa Senado, Miguel Ángel Viso, que animou aos afiliados e simpatizantes do PP “a saír ás rúas e recordarlle aos cidadáns que nós somos o partido coa máis ampla experiencia de goberno, o que puxo a este país no camiño do crecemento e o único capaz de ofrecer a estabilidade política, económica e social que precisamos”.

Viso apelou a súa experiencia política nestes últimos catro anos, “no que puden comprobar a máis que lamentable creatividade dos representantes de moitos grupos políticos, facendo todo tipo de teatro para conseguir o seu minuto de gloria nos medios e nas redes”. O respecto polos órganos institucionais, engadiu, “é a bandeira do PP, que desde as Cortes Xerais só pensa en dar respostas aos desafíos presentes e futuros de todos os cidadáns”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: