Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O Partido Popular esixirá ao Goberno central que priorice os investimentos para o regadío da Limia

Imprimir ppou - 30-Outubro-2019 - 20:13:13 


• Os candidatos, nunha visita á comunidade de regantes de San Salvador, no Concello de Porqueira, pediron tamén que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil procure unha tramitación máis áxil das autorizacións para que os agricultores podan executar sen máis demoras as obras necesarias. 

30, outubro, 2019.

  
  
O Partido Popular esixiu hoxe que o Goberno central priorice os investimentos para o regadío da Limia, así como tamén que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil procure unha tramitación máis áxil das autorizacións para que os regantes podan executar sen máis demoras as obras necesarias.

Así o demandaron os candidatos populares ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Carmen Leyte e Francisco Fernández- durante a visita que esta tarde realizaron á comunidade de regantes de San Salvador de Sabucedo, no Concello de Porqueira, unha das catro afectadas na comarca por este proceso xunto coas comunidades de Corno do Monte, Ganade-Lamas e Alta Limia. Unha visita na que estiveron acompañados pola alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, e polo portavoz popular en Xinzo, Antonio Fernández.

Os candidatos do PP constataron que a modernización dos regadíos na Limia é fundamental para conseguir que esta comarca, a zona agrícola máis importante de Galicia, se convirta nun referente de compatibilidade entre unha xestión ambiental axeitadade e o futuro económico do sector.

Nesta liña, chamaron a atención sobre a necesidade de impulsar o plan de regadío da Limia desde dúas frontes. Por unha banda, sinalaron, esixir ao Goberno central que priorice os investimentos neste proxecto. En segundo lugar, trasladar á Confederación Hidrográfica do Miño Sil a necesidade de procurar unha tramitación máis áxil de todo este proceso, polas dificultades que se están a encontrar os regantes como consecuencia dos complexos requerimentos do organismo de conca.

O plan de regadío da Limia experimentou en marzo pasado un novo adianto coa publicación, por parte da Consellería de Medio Rural, da Declaración de Impacto Ambiental (DIA), o que permitirá facer as modificacións nos proxectos dos catro regadíos, cun total de 42 captacións. Unha vez coñecidos os puntos exactos, os trámites continuan agora coa intervención da Confederación Hidrográfica, para o cal cada comunidade de regantes terán agora que elaborar unha listaxe definitiva da superficie total e propiedade das parcelas que entrarán no regadío e asegurar a dispoñibilidade destes terreos para executar as obras necesarias.

Os candidatos subliñaron por último o impulso que se lle está a dar ao sector agrícola desde as administracións, por un lado coa Xunta de Galicia a través da comisión de seguemento dos regadíos e xa desde o ámbito dos cultivos coa implicación da Deputación de Ourense co Instituto do Campo.


Suscíbete:
Redes Sociales: