Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Casimiro Campo, un político achegado aos veciños, impulsará plans para dinamizar Maside, crear solo empresarial e favorecer a creación de emprego

Imprimir ppou - 07-Marzo-2011 - 21:50:51 

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, arrouparon en Maside o candidato á Alcaldía neste municipio, Casimiro Campo, quen incidiu na necesidade de aprobar o plan urbanístico e ampliar o parque empresarial, "para que poidamos dinamizar o noso concello, crear postos de traballo e mellorar a calidade de vida dous nosos veciños e veciñas", afirmou Casimiro Campo.
O presidente popular falou do movemento popular imparable que percorre a provincia para dotar aos concellos de líderes comprometidos con Ourense e cos seus veciños, lembrando que eses 92 referentes xa contan os días para "asumir con ilusión e forza os retos dunha provincia que nos necesita", fronte a apatía, a rutina e a incapacidade dos socialistas e a deriva e o "sálvese quen poida" do fracasado modelo nacionalista".   

"Neste senso -dixo Baltar-, Casimiro Campo representa para Maside a responsabilidade e o mellor exemplo dun político de proximidade, sempre achegado aos seus veciños, e con grande experiencia na vida local e municipal". 
Manuel Baltar pedíu a Feijóo "compromiso con esta terra e a súa xente, que non fallará nas urnas apostando por gobernos populares, sinónimo de estabilidade, coherencia e proxectos en positivo".
Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo asegurou que "por máis que o Goberno socialista poña pedras no camiño", o PPdeG seguirá a senda da eficacia e o interese xeral", e destacou que un goberno racional "copiaría o catálogo priorizado de fármacos da Xunta de Galicia pero un á deriva o que fai é intentar suspendelo. Nesta mesma clave sanitaria, Feijoo lamentou que o Goberno do Estado "prefira o partidismo e a forza á razón, á racionalidade, á política social, á sostibilidade do sistema sanitario, á creación de novos hospitais públicos e á ampliación do número de centros", recriminou Alberto Núñez Feijóo. 
Neste sentido, Núñez Feijóo remarcou que as próximas eleccións "son decisivas" para os concellos galegos para "tapar buratos", segundo dixo, " e non afondalos con débedas como se fixo co Plan E". Nesta liña, sinalou que os candidatos populares representan "un modelo alternativo de austeridade planificación, rigor e compromiso", ante o que identificou como unha política "prexudicial" socialista.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: