Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense presenta a maior renovación de candidaturas de toda a súa historia ás eleccións municipais

Imprimir ppou - 04-Marzo-2011 - 18:19:21 

·       Levará 35 novos cabezas de lista, o 38% do total
·       38 dos candidatos son menores de 45 anos
·       É o partido que ten máis alcaldesas e concelleiras, e segue incrementando a presenza da muller nas listas ao incluír a 12 candidatas

Ourense, 4 de marzo de 2011.- Renovación histórica e equilibrio entre a experiencia e un novo modelo de facer política. Así se definen as candidaturas que o Partido Popular de Ourense presenta ás eleccións municipais de maio nos 92 concellos da provincia e na entidade local menor de Berán. Trátase da maior renovación do partido na súa historia, en consonancia coa súa exitosa traxectoria de décadas gañando todas as eleccións, e que agora da un paso máis cun renovado proxecto "pensado para poñer a disposición dos ourensáns os mellores xestores para dirixir os 92 municipios da provincia", afirma o presidente provincial, Manuel Baltar.    

Hoxe reuniuse na sede do PP de Ourense o comité electoral provincial para completar e aprobar a lista oficial dos 92 candidatos ás alcaldías da provincia de Ourense, unha lista que ten como novidade o feito de que haberá 35 novos cabezas de lista (o 38% do total), e na que tamén destaca que 38 dos candidatos son menores de 45 anos.
A muller segue a ter un destacado protagonismo tanto nas candidaturas como nas listas, pois, ademais de ser o PP de Ourense o partido que conta con máis alcaldesas e concelleiras, nestes vindeiros comicios municipais incrementará aínda máis a presenza da muller ao incluír a 12 candidatas.
A finalidade deste novo proxecto "que equilibra renovación e experiencia está pensado para facer Ourense entre todos -explica Manuel Baltar-. Queremos que os nosos candidatos e os seus equipos sexan máis que nunca o fío condutor das necesidades que teñen as veciñas e veciños de cada concello de Ourense para que, coa máxima cercanía e sendo políticos de proximidade, poidan achegar aos cidadáns as melloras que cada municipio e cada pobo necesitan". Baltar engade que temos "aos mellores xestores, aos mellores equipos e ás mulleres e homes máis comprometidos coa vida política dos nosos concellos, como corresponde ao grave momento de crise económica que estamos a padecer, e fronte ao cal temos que aportar solucións, eficacia e xerar confianza coa máxima responsabilidade".
Os obxectivos que se marca o Partido Popular de Ourense nestas eleccións municipais son: manter o goberno da Deputación provincial, levando como candidato a José Luís Baltar Pumar (único candidato á Deputación coñecido de todas as forzas políticas de Ourense, pois non se coñece quen serán os do PSOE e do BNG); incrementar o número de maiorías absolutas, que era de 56 nas eleccións municipais de 2007, e aumentar o número de concelleiros e concelleiras, que nas eleccións de 2007 era de 503.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: