Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 10N: Rosendo Fernández: “estamos a demostrar que en calquera lugar hai persoas do PP comprometidas coa provincia”

Imprimir ppou - 09-Outubro-2019 - 13:39:51 


• O secretario xeral do PPOU detallou aos representantes das xuntas locais dos sete concellos que integran o Partido Xudicial do Barco as claves da campaña electoral do 10N

9, outubro, 2019.

  
  
O Partido Popular de Ourense continuou hoxe en Valdeorras o seu calendario de reunións cos representantes das agrupacións locais da formación, no marco da organización das eleccións xerais do 10 de novembro e para dar a coñecer as claves dunha campaña electoral singular, posto que só terá unha duración de oito días.

O secretario xeral e coordinador de campaña dos populares, Rosendo Fernández, afirmou que con estas reunións “estamos a demostrar que en calquera lugar hai persoas do PP comprometidas coa provincia, recollendo as súas aportacións para facer propostas que respondan ás necesidades da cidadanía e ofrecer así unha alternativa de goberno”.

Na xuntanza desta tarde participaron os representantes das agrupacións locais que integran o Partido Xudicial do Barco de Valdeorras, dentro da correspondente xunta electoral de zona: O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: