Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O Partido Popular situará a Ourense á cabeza da innovación en servizos e experiencias personalizadas para o turismo.

Imprimir ppou - 20-Maio-2019 - 14:21:08 


• As políticas que desenvolve o PP caracterízanse pola innovación aplicada a todos os ámbitos de goberno, “e o turismo, como elemento dinamizador do territorio, tamén ten que estar impregnado desta filosofía”, dixo o presidente popular e candidato á alcaldía, Manuel Baltar, para quen é preciso aplicar novas formas de xestionar os recursos da provincia.

18, maio, 2019.

A provincia de Ourense converterase en todo un referente da innovación no ámbito turístico, “con servizos personalizados e experiencias diferenciadas para o visitante, que ofrecerán unha nova forma de facer e sentir o turismo”. O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, destacou hoxe o futuro que se abre á provincia como Destino Turístico Intelixente, un proxecto europeo dotado con case 3 millóns de euros.

As políticas que desenvolve o Partido Popular caracterízanse pola innovación aplicada a todos os ámbitos de goberno, “e o turismo, como elemento dinamizador do territorio, tamén ten que estar impregnado desta filosofía”, dixo Manuel Baltar, para quen é preciso aplicar novas formas de xestionar os recursos da provincia, “como así demostremos nun próximo mandato poñendo en marcha unha plataforma de turismo intelixente aproveitando a máis vangardista tecnoloxía”.

  
  
O candidato á presidencia da Deputación puxo tamén como exemplo innovador destas políticas as propostas supramunicipais que, incluídas no programa de goberno 72-73, foron lanzadas polos candidatos populares ás alcaldías, “demostrando saber traballar en equipo e superando os localismos”, entre elas o desenvolvemento turístico a través de iniciativas relacionadas cos camiños de Santiago, áreas naturais, roteiros turístico-culturais e mesmo novas ofertas de percorridos por zonas  navegables.

O Partido Popular, engadiu Baltar, “soubo implantar un novo modo de explotar os principais atractivos da provincia, desde o Entroido á riqueza patrimonial en  románico, sen deixar de explotar recursos singulares como os destinos  Startlight, o turismo de concertos e mesmo o de exposicións”, este último en referencia ao éxito conseguido coa mostra “ In  Tempore  Sueborum”, visitada por preto de 45.000 persoas, sen deixar de citar outros programas como o termalismo social e deportivo.
 
MITINS NO BARCO, PARADA DE SIL, TRIVES E CASTRELO DE MIÑO. 
  
  
A xornada electoral do Partido Popular de Ourense tivo hoxe un amplo percorrido, celebrando mitins no Barco, Parada de Sil, Trives e Castrelo de Miño,  concellos onde Sabina Augado, Yolanda Jácome, Domingo Diéguez e Avelino Pazos, respectivamente, lideran por primeira vez a lista do PP. Un exemplo, dixo Manuel Baltar, “dos 32 novos candidatos que presentamos nestas eleccións e que pon de manifesto que somos un partido vivo e en continua evolución.

COMPROMISO COA RIBEIRA SACRA.
Manuel Baltar  tamén estivo hoxe en Castro Caldelas, onde acompañado polo candidato á alcaldía, César Enríquez, destacou “a visión global do territorio e as políticas de colaboración institucional que só o PP é capaz de impulsar”, subliñando o papel proverbial que xogou a Deputación de Ourense na declaración da Ribeira Sacra como candidata a patrimonio mundial da Unesco, “despois de liderar a reactivación desta  candidtura en 2013, implicando aos oito  concellos ourensáns que forman parte desta zona, á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo”.





(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: