Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: Manuel Baltar confía en que “os ourensáns chamen ao PP para que contribuamos a crear unha España máis ambiciosa”

Imprimir ppou - 18-Abril-2019 - 00:47:11 


• En Cortegada e Ribadavia, o número uno ao Senado, Miguel Ángel Viso, defendeu o compromiso do Partido Popular coas denominacions de orixe, “verdadeiros sinais de identidade que nos diferenzan doutros territorios”.

• En Leiro, a cabeza da lista ao Congreso, Ana Vázquez, pediu aos ourensáns que se queren traducir o seu voto en escanos “a mellor opción é o PP para rematar con este pesadelo de goberno”.

17, abril, 2019.

  
  
Dentro de once días, os colexios electorais abrirán as portas para que os ourensáns depositen o seu voto “e confío na vosa chamada para que o Partido Popular contribúa, unha vez máis, a crear unha España máis ambiciosa”. O presidente provincial popular, Manuel Baltar, pediu así á veciñanza de Cortegada, Ribadavia e Leiro que aposten “polo valor seguro que representa o proxecto popular” nos mitines celebrados hoxe nas mencionadas localidades.

Manuel Baltar dixo confiar na victoria do Partido Popular o próximo 28 de abril “porque históricamente o PP foi chamado polos españois para reparar a desastrosa xestión dos gobernos socialistas”. Primeiro, na etapa de González, “para entrar coas debidas garantías na Unión Europea e na zona euro”, despois con Zapatero “para evitar o rescate” e agora, con Sánchez, para rematar cunha “nefasta política de emprego que en nove meses conseguíu que se destrúan 7.000 postos de traballo diarios, os mesmo que creaba o goberno de Mariano Rajoy”.

Fronte ao resultado das políticas socialistas “que non son nada novo”,  o Partido Popular “caracterízase pola xestión, o rigor e a planificación, como fai o goberno de Núñez Feijoó o como facemos na Deputación provincial, cunha visión integral do territorio e mesmo dando protagonismo ás provincias na recepción e xestión de fondos comunitaros no novo marco financeiro da UE”.

Non só está en xogo “poñer fin á desastrosa situación que vivimos, -dixo Baltar- senón tamén devolver á España a credibilidade internacional”. Un aspecto, este último, que preocupa ao presidente provincial, pois esa falta de confianza chega xusto “cando conseguimos estar presentes nos máis importantes foros internacionais de representación provincial”.

VISO DEFENDE UN MODELO DE TERRITORIO BASEADO NA SÚA RIQUEZA.
  
  
Nos mítines de Cortegada e Ribadavia tamén participou o cabeza de lista da candidatura popular ao Senado, Miguel Ángel Viso, quen botou en falta iniciativas decisivas do resto das formacións políticas “por defender inequívocamente un modelo de territorio baseado na súa riqueza”.

Lembrou que foi o Partido Popular de Ourense quen levou ao Congreso unha proposta de apoio ás denominacions de orixe do viño, “verdadeiros sinais de identidade que nos diferenzan doutros territorios, como tamén as indicacions xeográficas protexidas”. Non só iso, subliñou, “senón que conseguimos aprobar unha proposición non de lei na que pedíamos ao Goberno que instauraseo Día do Viño”.

A  diferenza da maior parte dos países de cultura vitivinícola, España non ten un recoñecemento destas características, sinalou Viso, “malia ser a maior área de cultivo do mundo con case un millón de hectáreas, o maior exportador por volume, un produto de recoñecida calidade, con valor histórico e cultural e que exerce como motor económico no rural, mesmo desde o ámbito turístico”.
 

VÁZQUEZ PIDE DARNOS A OPORTUNIDADE DE REMATAR CUN PESADELO.
No remate da xornada e xa en Leiro, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, agradeceu a presencia dos asistentes, “que demostrades que hai gañas de competir novamente nas urnas, que é onde se gaña o futuro dos pobos”. Se os ourensáns queren traducir o seu voto en escanos, afirmou, “a mellor opción é facelo a través do Partido Popular é darnos a oportunidade de rematar con este pesadelo de goberno”.
  
  
Ana Vázquez criticou duramente ás palabras de Sánchez pronunciadas onte en Ourense, cando afirmaba que fixo máis en nove meses pola provincia que o PP en sete anos. En efecto, dixo a candidata, “ten toda a razón, porque conseguíu batir marcas reducindo os fallidos orzamentos do Estado en case un 30 % para a provincia de Ourense e enganándonos con ridículas partidas para a execución de comunicacións estratéxicas por estrada”.

Desde o primeiro momento, advertiu Vázquez, “vimos as intencións dun goberno que discriminaba claramente a Galicia, a peor tratada das 17 comunidades autónomas xunto coa Rioxa, e que só visitou agora en campaña electoral e nunca para falar de investimentos ou proxectos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: