Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Rodrigo Aparicio liderará a lista popular en Arnoia na procura dun mandato que impulse o sector agroforestal

Imprimir ppou - 07-Marzo-2019 - 12:41:22 


• Desde a dirección provincial, o presidente popular, Manuel Baltar, afirmou sentir “moita satisfacción por volver contar cunha persoa que cre nas bondades do seu concello e quere compartilas cos municipios limítrofes para facer comarca”.

7, marzo, 2019.

  
  
Rodrigo Aparicio Santamaría (Arnoia, 1962) optará a un novo mandato como alcalde de Arnoia, liderando a lista que o Partido Popular presentará nun concello que, segundo afirma o candidato, “ten o seu futuro no sector agroforestal e na auga”. Desde a dirección provincial, o presidente popular, Manuel Baltar, afirmou sentir “moita satisfacción por volver contar cunha persoa que cre nas bondades do seu concello e quere compartilas cos municipios limítrofes para facer comarca”.

Rodrigo Aparicio quere revalidar un segundo mandato no Concello de Arnoia, logo dunha ampla experiencia anterior como tenente alcalde. “Sempre tiven unha gran inquedanza polos temas municipais e, logo dunha etapa máis centrada no mundo da empresa, decidín voltar para pelexar polos meus e mellorar o meu concello”, destacou.

Non foi o mellor momento, dixo o candidato, “xa que estabamos sufrindo os efectos da crise e os recursos non eran moitos, por iso neste mandato o noso propósito foi poñer ao día e renovar infraestruturas e servizos”, ademais de dinamizar o concello nos aspectos social, cultural e deportivo e manter poboación, o que conseguimos estabilizando a baixa demográfica”.

Logo dese esforzo  “toca centrarse en proxectos máis importantes”, afirma Aparicio, sobre todo no ámbito agroforestal como unha das actividades económicas de maior peso do concello. Así, xa está a pensar “nun polígono agrario que poda facilitar a instalación de empresas e a incorporación de xente moza ao campo”. Non obstante, tampouco se esquece da auga, “como materia prima abundante e de calidade, con proxectos para a explotación de auga natural que favorecería o emprego no concello, pero tamén no resto da comarca”.

Arnoia sempre foi un referente para a comarca do Ribeiro e coa candidatura de Rodrigo Aparicio “seguro que así o seguirá sendo, por iso no PP estamos tremendamente satisfeitos polo seu labor e ilusionados polas gañas e confianza de volver obter, que o terá, un grandísimo trunfo electoral”, dixo pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar.

O concello, subliñou Baltar, “ten grandes recursos nos que Aparicio cre firmemente, como a produción de viño, a horticultura, o sector turístico e, claro está, o termalimso tanto na vertente deportiva como social”.

Para o presidente provincial, “o candidato é unha persoa que sabe crear equipo, que coñece as bondades da delegación de tarefas, pero que asume como ninguén a responsabilidade de dirixir o seu concello, e iso seguro que se reflectirá nunha nova maioría”.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: