Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O PP confía na xestión e na experiencia de Antonio Rodríguez para revalidar a alcaldía de Montederramo

Imprimir ppou - 23-Xaneiro-2019 - 15:59:29 


• Para Cunha dilatada experiencia na política local, o candidato “é a mellor opción para o Concello e para o Partido Popular, ao contar cunha persoa que defende e entende o territorio como ninguén”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar.

23, xaneiro, 2019.

  
  
Antonio Rodríguez Álvarez (A Teixeira, 1953) pedirá unha vez máis o apoio da veciñanza para optar a un novo mandato como alcalde popular á fronte do Concello de Montederramo. Máis de tres décadas como rexedor e unha dilatada experiencia como concelleiro desde as primeiras eleccións en democracia fan do candidato, en palabras do presidente provincial, Manuel Baltar, “a mellor opción para o Concello e para o Partido Popular, ao contar cunha persoa que defende e entende o territorio como ninguén”.

Antonio Rodríguez bota a vista atrás para falar das moitas transformacións que nestes anos experimentou o concello, os servizos e os pobos do municipio, aínda que na actualidade o compromiso máis importante que debe ter un alcalde, asegura, “é tentar por todos os medios que se manteña a poboación”. O candidato é consciente de que todas as administración teñen que loitar por fixar habitantes no rural “creando os medios e as poñendo a disposición da xente as infraestruturas indispensables para que podan vivir no seu concello”. 

Para este novo mandato ao que aspira, Rodríguez manifesta a súa intención de “seguir sentando os piares para que os veciños decidan quedarse, agora coa previsión do servizo que prestará a casa niño, coa residencia da terceira idade e o sector gandeiro que segue a coller forza, sen esquecer o turismo co auxe da Ribeira Sacra”. Ao final, non obstante, “o primeiro obxectivo sempre é fixar poboación e por iso tamén sempre contei coa xente nova para facer os meus equipos”.

Este foi, precisamente, un dos aspectos destacados polo presidente provincial, Manuel Baltar, para quen o actual alcalde “seguro que obterá de novo uns grandes resultados, porque ten o aval da xestión, da experiencia e foi quen de facer nestes anos unha candidatura e un goberno renovado, con xente moza que cre nas posibilidades de Montederramo e da comarca”.

Rodríguez, lembrou Baltar, sempre tivo o apoio do seu pobo, “por suposto tamén do partido, por iso é unha satisfacción para nós que decidise liderar de novo a lista en Montederramo, onde ofrecemos á veciñanza o mellor candidato”. 

Antonio Rodríguez non só un gran alcalde, engadiu o presidente popular, “senón tamén un mestre da política  e no labor diario da administración máis cercana á xente como é un concello”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: