Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Exitosa convención Popular en Compostela

Imprimir ppou - 16-Febreiro-2011 - 13:48:54 

O pasado fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela a Convención Populares 2011 na que o PP de Ourense tivo un destacado protagonismo. O presidente provincial, Manuel Baltar, moderou un encontro de dirixentes que tiña por obxecto falar da Política 3.0 e participou nun chat xunto coa secretaria do PP, María Dolores de Cospedal. Pola súa banda, Rosendo Fernández intervíu nun encontro de candidatos ás alcaldías das grandes cidades para falar da austeridade. As NNXX de Ourense desenvolveron un importante papel colaborando nas tarefas organizativas e a xornada de clausura do domingo contou cos discursos de Alberto Núñez e Mariano Rajoy, o presidente nacional do PP.     

Ao redor de 150 líderes dos concellos ourensáns estiveron o sábado formando parte activa dos encontros, cursos de formación, chats...Unha cifra que superou a de 700 persoas de Ourense na xornada de peche deste evento popular con gran repercusión mediática e cun efecto moi positivo nesta recta final das eleccións locais de maio de 2011.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: