Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O PP ofrece estabilidade de goberno e o aval dos feitos coa candidatura á alcaldía de Celanova de José Luis Ferro

Imprimir ppou - 19-Xaneiro-2019 - 11:04:25 


• Cunha excelente visión política, dixo Baltar, “Ferro consiguirá facer unha lista ambiciosa, porque é o que necesita Celanova, que non é un concello calquera senón un dos buques insignia da provincia no ámbito cultural e patrimonial”.

19, xaneiro, 2019.

  
  
José Luis Ferro Iglesias (Cartelle, 1970) pedirá de novo o apoio da veciñanza de Celanova liderando a lista que o Partido Popular presentará neste concello ás eleccións de maio. Unha proposta “de estabilidade no goberno local e avalada polos feitos”, afirma o candidato, do que o presidente provincial, Manuel Baltar, destaca " a súa ambición por conseguir o mellor para un dos municipios máis senlleiros da provincia”.

“Continuidade, pero progresiva” é a expresión que utiliza Ferro Iglesias para definir o segundo reto que afronta para optar á alcaldía, aínda que a súa experiencia na política municipal xa ven de anos anteriores como concelleiro de cultura. Afirma presentarse coa tranquilidade que dan os deberes feitos, “como puideron comprobar os veciños nestes catro anos, o que non significa en absoluto que deixemos de ter máis ilusión e proxectos para un novo mandato”.

Un dos obxectivos prioritarios seguirá “seguir posicionando a Celanova nun dos seus puntos fortes como é a cultura, non só a nivel provincial senón tamén en Galicia”, di o candidato, “pero tamén hai outras cuestión importantes como é a promoción turística, máis servizos para os cidadáns, unha residencia para maiores e unha piscina climatizada”.  Na época de crise, engadiu, “tivemos que que apretarnos o cinto pero agora, e tras reducir a débeda, chegou o momento de apostar por estes proxectos para os que seguro contaremos coa axuda da Deputación e da Xunta”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, acreditou a capacidade de xestión do candidato, presidente da xunta local do PP e alcalde, “do que compre destacar ademais a súa accesibilidade para a veciñanza, o que fala moi ben das súas cualidades persoais”.

Cunha excelente visión política, dixo Baltar, “Ferro consiguirá facer unha candidatura que sexa ambiciosa, porque é o que necesita Celanova, que non é un concello calquera senón un dos buques insignia da provincia no ámbito cultural e patrimonial”.

O candidato ten todo o apoio do Partido Popular “e as súas ganas de seguir transformando o concello seguro que merecerán o apoio maioritario da veciñanza”, engadiu o presidente provincial.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: