Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense estará representado na convención nacional popular por preto de medio cento de cargos e militantes

Imprimir ppou - 08-Xaneiro-2019 - 13:55:57 


• A Xunta Directiva Provincial, reunida esta tarde, completou esta tarde a lista dos membros que integrarán a delegación ourensá.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou a importancia dunha cita na que “teremos a oportunidade de achegar ideas innovadoras para plasmar nas propostas que ofreceremos aos cidadáns nas próximas eleccións”.

• A convocatoria tamén contou coa presenza de Ethel Vázquez, que detallou a estratexia do PP de Galicia en materia de infraestrutura e mobilidade.

8, xaneiro, 2019.

A Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense pechou esta tarde a lista dos preto de cincuenta representantes da formación que acudirán á convención nacional do PP, prevista para os días 18, 19 e 20 en Madrid. Unha cita na que, en palabras do presidente provincial, Manuel Baltar, “teremos a oportunidade de achegar ideas innovadoras para plasmar nas propostas que ofreceremos aos cidadáns nas próximas eleccións”.

  
  
Na convocatoria de hoxe, a xunta directiva nomeou ás vinte persoas que completan a lista de representantes do PP. Unha delegación encabezada por Manuel Baltar e que se completa cos membros natos, como son os parlamentarios autonómicos, deputados no Congreso, senadores, o presidente provincial de Novas Xeracións e os alcaldes e portavoces na oposición das poboacións de máis de 10.000 habitantes, así como tamén dúas persoas máis do PP ourensán que representan ao partido desde Madrid.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva e ten como obxectivo avaliar, analizar e orientar as estratexias e políticas da organización. Como norma xeral celébrase todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral. Esta convocatoria, non obstante, é unha excepción xa que o PP celebrou en xullo pasado un congreso extraordinario para a elección dun novo presidente.

Trala súa designación, unha das primeiras decisións de Pablo Casado foi convocar unha convención nacional, de cuxa organización se encargará a Fundación Concordia e Liberdade, dirixida por Adolfo Suárez Illana.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, destacou a gran oportunidade que supón esta cita “para situar á nosa formación entre as máis creativas e innovadoras a nivel nacional, no tocante a plans e proxectos que logo terán cabida nos programas electorais”.

A convención foi concibida para dar voz á sociedade, dixo Manuel Baltar, “o que xa vimos de facer no PP ourensán ao longo deste mandato tomando a iniciativa política, isto é, escoitando as demandas e necesidades que expresa a veciñanza, deseñando novos pasos para os proxectos que puxemos en marcha, porque son continuos no tempo e non simples ideas, sen esquecer as nosas raíces como partido centrista, galeguista e reformista”.
 
ANÁLISE SOBRE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Ademais da designación dos representantes ourensáns na convención nacional de Madrid, a reunión de hoxe tamén serviu para coñecer a situación actual e a estratexia que o PP de Galicia están a desenvolver en materia de infraestruturas e mobilidade.

Os populares ourensáns, con este obxectivo, están a invitar ás convocatorias da xunta directiva a representantes do partido con ampla experiencia nos temas a tratar. Desta volta, a invitada foi Ethel Vázquez Mourelle, membro da xunta directiva do PPdeG.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: