Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Os populares de Ourense simbolizan coa plantación dunha árbore o apoio ás mulleres e familias vítimas de maltrato

Imprimir ppou - 24-Novembro-2018 - 13:24:51 


• Nun acto celebrado no parque de Santa Teresita, a presidenta da comisión de igualdade, María Antonia Rilo, avogou sobre “a importancia da educación temprana en igualdade e valores, tanto na escola como na casa”.

• As mulleres do Partido Popular subliñaron que “xamais permitiremos que ninguen se atreva a dicir que miramos cara outro lado cando hai mulleres sufrindo e morrendo”, en referencia as manifestacións da portavoz do BNG no Parlamento galego.

24, novembro, 2018.

A xunta local do Partido Popular de Ourense Cidade celebrou esta mañá un acto para amosar o seu apoio ás mulleres e ás familias vítimas de maltrato, con motivo do Día contra a Violencia de Xénero que se celebra mañá domingo, día 25 de novembro.

  
  
Os populares quixeron simbolizar o seu apoio a mulleres, menores e familias que padecen a lacra da violencia machista coa plantación dunha árbore no parque de Santa Teresita, na que deixaron mensaxes de respaldo a todas as vítimas.

Ademais das iniciativas e programas que ofrecen as administración públicas, “hoxe temos que reflexionar sobre a importancia que ten a educación temprana en igualdade e valores, tanto na escola como na casa”, dixo a presidenta da comisión de igualdade da xunta local, María Antonia Rilo.

“Malia á loita pola igualdade e dignificación das mulleres –engadiu-, estamos a ver con preocupación como medran os casos de violencia contra mozas, o que require unha resposta contundente de concienciación entre adolescentes”.

María Antonia Rilo, en nome de todas as populares ourensáns, tamén quixo subliñar que “xamais permitiremos que ninguen se atreva a dicir que miramos cara outro lado cando hai mulleres sufrindo e morrendo”, en referencia as manifestacións da portavoz do BNG no Parlamento galego.

O acto celebrado no parque de Santa Teresita, coa presenza do presidente da xunta local e candidato á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, e que contou coa colaboración da comisión de medio ambiente presidida por Fabio Tabarés, tamén incluíu a lectura de manifestos por parte de membros da xunta local como Milagros Sierra, Raquel Casares e Roberto Bermúdez, así como o presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: