Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “José González está nunha plataforma perfecta para axudar a revitalizar o rural ourensán”

Imprimir ppou - 26-Septembro-2018 - 18:30:39 


• O presidente provincial cualificou a incorporación de José González ao Goberno galego como unha gran noticia para Ourense e felicitou a Feijoó pola súa elección.

26, setembro, 2018.

“Sen dúbida esta é unha gran noticia para Ourense que saudamos moi positivamente e felicitamos tanto a José González polo seu nomeamento como ao presidente Feijoó pola súa elección”. Con estas palabras valorou o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, a incorporación ao Goberno galego de José González Vázquez (Ourense, 1970), como novo conselleiro de Medio Rural.

Manuel Baltar amosou a súa satisfacción pola elección dun ourensán “que chegou á política da man do Partido Popular de Ourense”, ocupando o terceiro posto pola provincia na lista das eleccións autonómicas de 2016.

Para o presidente provincial, “José González ten por diante unha importante tarefa, para a que está perfectamente capacitado, pois por tradición familiar coñece o mundo do campo, e preparado, pois dentro do grupo parlamentario popular xa tiña unha destacada responsabilidade como portavoz de medio rural”. 

O novo conselleiro, engadiu Baltar, estará desde este momento “nunha plataforma perfecta para axudar a revitalizar o rural ourensán e, máis en concreto, un dos sectores de maior peso que temos como é o agroalimentario”.

Coa cooperación presidindo sempre as relacións coa Xunta, Manuel Baltar tamén se amosou seguro de que a presenza de José González no Goberno galego “axudará a poñer en marcha un dos proxectos estrela da Deputacion como é o Observatorio do Rural”, unha iniciativa que terá como obxectivo analizar mercados, competitividade, perspectivas de emprego e proxectos de innovación para o agro ourensán.

José González Vázquez (Ourense, 1970) é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, ocupando diferentes postos na Axencia Española de Administración Tributaria. Na actualidade ocupa a xefatura do equipo de inspección da delegación da AEAT en Vigo. Especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais, IVE, comercio exterior e contabilización de impostos. Foi profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro, docente no curso de especialista en Dereito Tributario e no master de Comercio Exterior, na Universidade de Vigo, ademáis de profesor de Dereito Financeiro e diferentes cursos de fiscalidade na Escola de Negocios de Caixanova.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: