Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 VIII Convención de Cargos Públicos. Manuel Baltar: “O Partido Popular é todo un exemplo de dedicación, compromiso e lealdade con Ourense”

Imprimir ppou - 14-Septembro-2018 - 19:52:27 


• O obxectivo para as municipais de 2019, dixo o presidente provincial, “non é outro que superar o récord histórico de 71 alcaldías e para iso necesitamos compromiso, responsabilidade, dedicación, falar ben de nós, da nosa capacidade e das nosas propostas”.

• O encontro que marca o inicio do curso político dos populares incluíu a presentación de catro relatorios nos que se puxo en valor a implicación na vida política local para manter a confianza da veciñanza.

14, setembro, 2018.

“O Partido Popular é todo un exemplo de dedicación, compromiso e lealdade con Ourense, tamén con Galicia, con persoas e ideas que nos permirtirán revalidar a confianza dos ourensáns”, afirmou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, durante a oitava Convención de Cargos Públicos desta formación celebrada nos Milagros. Un encontro no que tradicionalmente os populares ourensáns inician o novo curso político, marcado nesta ocasión polas eleccións locais de 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, tamén participou neste acto, no que ademais se presentaron catro relatorios baseados en experiencias referidas á vida municipal. 

  
  
No salón de actos do antigo centro educativo dos Milagros, o presidente provincial puxo o énfase no 9 de xuño de 2019, cando se celebrarán as eleccións europeas e municipais. As primeiras, dixo, “importantísimas polo contexto antieuropeísta que se vive na nosa contorna”. As segundas “porque son as nais de todas as eleccións e estamos perfectamente capacitados para seguir facendo historia en Ourense”. 

Referíase Manuel Baltar ao obxectivo que se marca o PP provincial para as locais do próximo ano, “que non é outro que superar o récord histórico de 71 alcaldías e para iso –engadiu- necesitamos compromiso, responsabilidade, dedicación, falar ben de nós, da nosa capacidade e das nosas propostas; sabemos como facelo e sobre todo facelo”.

Se ata o de agora o Partido Popular demostrou crer en Ourense, subliñou o presidente provincial, “agora imos demostrar que sentimos Paixón por Ourense”, o lema desta convención e do próximo periodo local que se aproxima.

Pero ademais, apuntou Baltar, das eleccións municipais sairá o próximo goberno da Deputación, “a mellor cooperadora dos concellos, de aí que tamén teñamos que pensar en clave provincial”.

Manuel Baltar tivo palabras de agradecemento para o presidente do PPdeG, Alberto Núñez, “que nunca faltou a ninguna das oito edicións desta convención”, tamén para os relatores e para o anfitrión, o portavoz municipal no Concello de Baños de Molgas, do que anunciou a súa candidatura ás locais de 2019. 

EXPERIENCIAS DA VIDA MUNICIPAL
A convención popular incluíu no seu programa a presentación de catro relatorios, referidos na súa totalidade ás distintas vivencias e experiencias que implica a participación na vida política local e municipal.

O primeiro en intervir foi Jesús Vázquez, presidente da xunta local do PP de Ourense Cidade e alcalde da capital, para quen ás portas do ano electoral compre realizar o máximo esforzo, “e con moita ilusión porque hai que conseguir explicar o traballo realizado como representantes políticos”. Vázquez explicou o modelo de cidade que quere, baixo o lema “Ourensanamente”, apostando por escoitar e achegarse máis á veciñanza, comunicando mellor.

Nunha intervención moi emotiva e persoal, a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres, defendeu o rural asegurando que a crave de todas as oportunidades está en crer, “mudando as mentalidades, dándose conta de que se pode poñer en valor o territorio e devolvéndolle a ilusión aos veciños”.

Cunha defensa do ideario popular, “o partido que máis cre nos concellos”, a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, afirmou que a verdadeira política local “é o cara a cara cos veciños, facéndolles particípes das decisións que tomamos e implicándolos nos proxectos que lles presentamos; so así renovarán a confianza en ti e no teu partido”.

Na convención deste ano estrenouse como relator Ricardo Perea, membro da xunta local do PP do Carballiño, que deu un paso á fronte desde a militancia “para implicarme activamente no partido”, avogando por “aumentar o grao de participación dos veciños na vida política” e defendendo ao PP como o partido “máis capacitado para atopar as solucións que a xente precisa”.



Suscíbete:
Redes Sociales: