Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 José Manuel García-Margallo, precandidato á presidencia nacional do PP: “Temos que devolver a voz aos militantes para que escollan o partido e o proxecto que desexan para España”

Imprimir ppou - 26-Xuño-2018 - 13:03:46 



25, xuño, 2018.
  
  

“Temos que devolver a voz aos militantes para que escollan o partido e o proxecto que desexan para España”, dixo o precandidato á presidencia do nacional do PP, José Manuel García-Margallo, durante a visita que esta tarde realizou a Ourense.

Margallo cualificou o proceso electoral que está a vivir o partido como “un debate de ideas e proxectos dirixido aos afiliados, que son os soberanos, o que tamén implica un contraste e unha comparación de programas”.

Abordar os desafíos para a renovación e refundación do partido e maila rexeneración do país foron outros dos aspectos citados polo precandidato para evitar “que esta lexíslatura se convirta nun paréntese na historia de España”.

O secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, xunto cos presidentes de Novas Xeracións na provincia, José Antonio Parente, e da organización xuvenil en Ourense, Sergio Rodríguez, acompañou a José Manuel García Margallo na súa estadía en Ourense. Fernández agradeceu a súa visita “posto que os militantes ourensáns tamén desexan coñecer as propostas e escoitar aos candidatos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: